Skip to Content

Actividades ENL

PREMIADOS CONCURSOS SAMAÍN 2014

O venres de 7 de novembro, antes de comezar a celebración do magosto en secundaria, celebramos a entrega dos premios do Samaín nas súas diferentes categorías: ambientación de portas das aulas, certame de cabazas, microrrelatos e chíos que meten medo.

Celebramos moito a alta participación do alumnado en todos os concursos e convidámolos a continuar coa súa colaboración activa e implicada na dinamización da vida escolar.

GAÑADOR@S MICRORRELATOS DE TERROR

GAÑADOR@S CERTAME DE CABAZAS

PORTA GAÑADORA

PREMEDE PARA VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA

V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O alumnado de 3º e 4º de ESO participará na celebración do V Día da Ciencia en Galego este próximo mércores 5 de novembro, ás 12:00.

A proposta da CGENL, desta volta asistiremos na Sala de Usos Múltiples a unha videoconferencia en directo impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, que nos falará sobre "A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)".

 

ACTIVIDADES SAMAÍN 2014

Celebraranse os días 28, 29 e 30 de outubro.

Para ver todas as actividades premede aquí 

CONCURSOS SAMAÍN 2014

O Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o concurso de cabazas e o de relatos de terror.

Premede aquí para ver as bases.

CORRELINGUA 2014

GAÑADOR@S CONCURSO ARTÍSTICO-LITERARIO LETRAS GALEGAS 2014

PREMEDE AQUÍ

 

Noraboa a tod@s @s gañador@s e participantes!!!

CORRELINGUA 2014

O alumnado de 3º e 4º de ESO participará tamén este ano no Correlingua que se celebrará durante a mañá do xoves 15 de maio na Coruña, a actividade final que poñerá o ramo a moitas outras actividades en que viñeron participando como o concurso de redacción de manifesto e de vídeo.

Acompañará o alumnado as profesoras Carmen Aneiros e Mercedes Queixas.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA)

Por segundo ano consecutivo, o CPI Acalde Xosé Pichel participa nun intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña).

O pasado 10 de abril o noso centro foi anfitrión da primeira parte do encontro que nos levou a partillar unha xornada de convivencia na que presentamos unha pequena mostra da nosa comarca: o dolmen de Dombate, a vila mariñeira de Laxe, a pontecesá pondaliana e o refuxio de Verdes.

Participou nesta actividade alumnado de todos os niveis de ESO xunto ás profesoras Mª Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulloa.

 

 

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO DA CORUÑA. CURSO 13-14

Este xoves 10 de abril unha representación de alumnado e profesorado do centro participará, por segundo ano consecutivo, no intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

O alumnado participante no club de lectura xunto ao colaborador do Equipo de dinamización da lingua galega e mais aquel gañador dalgún dos diferentes concursos convocados ao longo do curso no centro participarán na reedición desta actividade. Elas e eles serán anfitrións da recepción no noso centro e guías dunha visita pola comarca que nos levará ao Dolmen de Dombate e mais ás vilas de Ponteceso e Laxe. O xantar comunitario será, se a climatoloxía non o impide, no espazo natural de Verdes, onde prolongaremos a convivencia até as 17:30.

Despois do intercambio de comunicación postal e electrónica celebrado desde xaneiro, así como de encontro nas redes sociais nunha conta de facebook (Ramón Otero Pedrayo) e outra de twitter (@Linguamoza), creadas para a ocasión, e xestionada polo profesorado participante, chega a hora do encontro presencial.

Acompañarán as profesoras María Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulla.

Seguiremos informando..

Distribuir contido


by Dr. Radut