Skip to Content

Actividades ENL

PREMIADOS CONCURSOS SAMAÍN 2015

O luns 23 de novembro farase a entrega dos premios do Samaín nas súas diferentes categorías: certame de cabazas e microrrelatos de terror. Será no 1º recreo na biblioteca.

PREMEDE AQUÍ para para ver a lista d@s gañador@s.

VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O alumnado de 3º e 4º de ESO participará na celebración do VI Día da Ciencia en Galego este mércores 4 de novembro, ás 12:30. A proposta da CGENL, asistiremos na Sala de Usos Múltiples a unha videoconferencia en directo impartida por Xurxo Mariño Alfonso, Doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor no Departamento de Medicina da Universidade de A Coruña, que nos falará sobre "A máquina que constrúe a mente e a realidade".

ACTIVIDADES SAMAÍN 2015

PREMEDE NESTA LIGAZÓN

 

 FELIZ SAMAÍN 2015

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES OTERO PEDRAYO DE A CORUÑA

O xoves 24 de marzo unha representación do alumnado de secundaria participou, un ano máis, no intercambio lingüístico cultural co IES Otero Pedrayo da Coruña. Nesta ocasión o punto de encontro entre os dous centros foi Viveiro, onde foron recibidos polo profesor representante do IES Perdouro de Burela, Bernardo Penabade, que coordinou as diferentes visitas do programa da xornada de convivencia.

Podedes ver algunhas fotos na nosa GALERÍA

CONCURSO ARTÍSTICO-LITERARIO LETRAS GALEGAS 2015

Para ver as bases premede aquí.

I CONCURSO ESCOLAR DE RECITADO DE POEMAS "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

Na tarde deste sábado 21 de febreiro o noso centro estivo representado na fase final do I Concurso escolar de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", organizado desde a Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei, por Ana Rodríguez e Alejandro Fernández, de 3º A-ESO.

Ana acompañou o recitado do seu poema dos acordes de violín e Alejandro trouxo o seu aos ritmos musicais do rap.

O noso agradecemento ao alumnado por asumir este reto que implicaba moito esforzo e superación e ás familias, polo seu apoio e implicación para compartir esta actividade escolar connosco.

 

 

 

 Tamén na nosa GALERÍA.


 

ROSALÍA SEMPRE VIVA

O próximo sábado 21 de febreiro o alumno Alejandro Fernández Echegaray e a alumna Ana Rodríguez Rodríguez, ambos os dous de 3º ESO - A, representarán o centro na fase final do concurso escolar de recitado de poesía de Rosalía de Castro, "Rosalía sempre viva", que se celebrará na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo).

 

Todo o ánimo para os dous!

 

CONCURSO SMS DE AMOR. CURSO 14-15

O Equipo de Normalización Lingüística do centro vén de convocar como todos os cursos por estas datas o Concurso de SMS de amor para conmemorar o día de San Valentín.

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER AS BASES

ENCONTRO NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA DE CARBALLO

O martes 25 de novembro o alumnado de 4º ESO, lector dos Contos de taberna, visitaron a nova Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para manteren un encontro, entre palabras e imaxes, con parte das escritoras/es e ilustradores/as que participaron na creación deste volume de relatos colectivos, tan fortemente vinculado co noso propio concello e coa comarca.

 Premede para ver a noticia na prensa local

Distribuir contido


by Dr. Radut