Skip to Content

Actividades ENL

INTERCAMBIO LECTOR CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA). CURSO 16-17

O pasado 4 de abril o club de lectura do noso centro participou nunha xornada de convivio amical e lector co do IES Otero Pedrayo da Coruña.

A recepción no centro, a visita interactiva ao MELGA de Ponteceso, o xantar e os xogos populares na praia de Valarés puxeron o ramo ao traballo en común desenvolvido ao longo do curso.

No blog do club de lectura, Coristranca, recóllense algunhas instantáneas dunha xornada inesquecíbel.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE XOSÉ COBAS NO KIOSCO ALFONSO, NA CORUÑA

O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO achegouse ao Kiosco Alfonso da Coruña para coñecer a exposición compiladora dos últimos 30 anos do traballo de ilustración desenvolvido por Xosé Cobas.

Acompañounos no percorrido o escritor Xabier P. Docampo, autor de moitos libros ilustrados pola creatividade de Xosé Cobas.

As profesoras Laura Fidalgo, Pilar Espido e Mercedes Queixas participaron nesta actividade coorganizada polo EDLG e mais o Departamento de Lingua Galega.

O CLUB DE LECTURA DE 3º ESO NO PROGRAMA DE RADIO " A FUME DE CAROZO"

O pasado martes 10 de xaneiro inauguramos co club de lectura do centro unha nova tempada de gravacións en directo do programa "A Fume de Carozo" na emisora de Radio Cuac FM na Coruña. No blog de Coristranca, a lectura con retranca pode accederse ao programa para a súa escoita íntegra. Parabéns a Uxía, Carla, Laura e María, membros do club de 3º ESO, polo seu gran traballo de guionización, locutación e coordinación desta súa estrea radiofónica!

ACTIVIDADES ANO MANUEL MARÍA

O Ano Manuel María chegou ao seu remate e desde o centro quixemos continuar a celebralo cun gran peche trimestral. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Club de Lectura e mais o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron varias actividades ao redor da figura e obra do insigne e polifacético escritor que fomos descubrindo ao longo de 2016.

Compartimos desde o noso espazo virtual lector algunhas das lembranzas máxicas vividas no centro emais noa nosa viaxe a Outeiro de Rei, para coñecermos ao vivo a Casa Museo Manuel María e algúns dos espazos naturais que o poeta evocou nos seus versos como o Castro de Viladonga e mais as impresionantes Penas de Rodas.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2016

Dende o Equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais de Nadal que se vai celebrar como todos os anos.

Máis información.

 

ENCONTRO CO ESCRITOR XURXO CHAPELA

O venres 18 de novembro o alumnado de 4º ESO, acompañado das profesoras Susana López e Mercedes Queixas desprazouse á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para coñecer as instalacións e manter un encontro co escritor carballés Xurxo Chapela, autor de Lémbrome, lectura traballada na materia de Lingua e Literatura Galega neste primeiro trimestre escolar.

 

Máis información no blog da aula Lingua de Alcaián

GAÑADORES CONCURSOS SAMAÍN 2016

PREMEDE AQUÍ

PARABENS A TOD@S!!!!

 

CONCURSOS SAMAÍN 2016

O Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar varios concursos para celebrar o Samaín.

Premede aquí para ver as bases.

VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Os grupos de 3º e 4º ESO desprazáronse este mércores 16 de decembro a Outeiro de Rei (Lugo) para coñecer a Casa-Museo do escritor Manuel María. Esta actividade convértese no adro dun completo programa de actividades que desenvolveremos no presente curso, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas a Manuel María, autor que dá nome á biblioteca de educación secundaria.

 A saída extraescolar pola Terra Chá permitiu gozar da visita guiada ao Castro de Viladonga e mais ás singulares Penas de Rodas.

 Profesoras acompañantes: Pilar Espido, Carmen Aneiros, Mª Xosé Rodríguez e Mercedes Queixas

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2015

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.

 

Podedes consultar aquí as bases da convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut