Comer e rañar
Investigamos sobre os nosos obxectos
Unha vez descubertos os nosos obxectos, investigamos sobre cada un deles e comparamos semellanzas e diferenzas cos dos outros grupos. Tras a posta en común chegamos a conclusión de que todos eles eran insntrumentos utilizados na cociña noutros tempos. Debatimos sobre a súa utilidade, como evolucionaron, ....
Como a temática do PDCI deste ano e "Que quero ser...'" decidimos adoptar estes obxectos pertencentes ao museo do Centro e convertirnos en expertos cociñeiros. Para escoller o nome do proxecto de 5º de EP, acordamos investigar expresións, ditos e refráns relacionados coa cociña. Finalmente resultou gañador.... "Comer e rañar..."
A caixa misteriosa
Ao chegar a nosa clase, atopamos unhas caixas misteriosas enriba das nosas mesas. Ao abrilas descubrimos uns obxectos estranos que non coñecíamos. Partindo deles contestamos as seguintes preguntas:
Que vemos?
Que pensamos?
Que nos preguntamos?
E fixemos unha posta en común. Este será o punto de partida do noso proxecto deste ano.