Skip to Content

Recomendámosche

Unha maleta inzada de libros e películas sobre matemáticas desembarca no Nadal na nosa biblio!

A maleta de matemáticas chegada dende a Asesoría de Bibliotecas permitiu que o noso alumnado lera alomenos un libro sobre esta materia ao longo do Nadal.

ATA A PRÓXIMA, XABIER P. DOCAMPO

Hoxe, día de notas e despedidas, chegou á biblio unha triste noticia: Debemos despedir tamén a Xabier P. Docampo, que nos deixa aos lectores galegos un pouco orfos.

Este "habitante da lingua e da infancia" deixa tras de si un ronsel de literatura indeleble na nosa lingua. Na biblioteca do centro podes atopar algunhas desas obras que fixeron de Docampo un pioneiro da nosa literatura infantil e xuvenil e un autor dos máis premiados e imprescindibles da nosa literatura: O misterio das badaladas, A casa da luz, O pazo baleiro, Cando petan na porta pola noite...

Gustaríanos marchar de vacacións recomendándovos a súa última novela: A nena do abrigo de astracán.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2017/12/19/a-nena-do-abrigo-de-astracan-de-xabier-p-docampo/

RADIO PICARIÑA

Radio Rat e o ENDL do CPI P. CABO DA AREA recomendan Radio Picariña, a radio en galego de música infantil.

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

NADA QUE FACER E TODO O DíA PARA FACELO

Agora que chega o tempo de lecer deixámosvos as nosas recomendacións para o verán de INFANTIL E PRIMARIA e de SECUNDARIA, que este ano, igual que a guía para as familias, se centra na aprendizaxe de idiomas.

BO VERÁN!

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

Xa podes ver expostos na entrada do centro os traballos realizados para o Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade, que se centra na Costa da Morte:

Herbarios con follas das árbores da zona

Maqueta a escala da Costa da Morte, relizada entre todos os cursos do centro

Traballos en inglés sobre os faros e lendas da Costa da Morte e a procedencia do topónimo, acompañados de códigos QR ás gravacións de Radio Rat

Adiviñas en galego sobre faros

Textos expositivos en castelán sobre cada un dos faros das diferentes etapas do Camiño dos faros

...

NOVA GUÍA PARA FAMILIAS: APRENDER IDIOMAS XUNTOS

O equipo da biblioteca do CPI Plurilingüe Cabo da area recoméndavos botarlle un ollo a esta Guía para Aprender idiomas en familia. Esperamos que vos sexa útil!

LGTBI

Xa tes na entrada da biblioteca a exposición de obras recomendadas polo Club de lectura Libros ao Cabo que tratan a temática LGTBI

Distribuir contido


by Dr. Radut