Skip to Content

A radio na Biblio

Podcast Cabo da Area nas Ondas

A partir de agora todas as nosas publicacións podédelas descargar como podcast a través da aplicación de zeno radio, buscando como "Podcast Cabo dá Area nas Ondas".  Tamén podedes acceder, facendo clic na seguinte imaxe.

 

Actualidade do CPIP Cabo da Area (27-31 de Marzo)

O pasado venres 24 de Marzo estiveron pola radio 2 das nosas presentadoras, as alumnas de 6 de Primaria Carla Ordóñez e Daniela Vázquez. Estas viñéronnos a dar a actualidade da semana do 27 ao 31 de Marzo, co menú do comedor e actividades que se ían a realizar desde distintos departamentos.

21 de Marzo - Día da Poesía

Nesta semana na radio tivemos  a Laura Ordóñez e Miguel Vázquez de 1º de ESO presentando unha colaboración do equipo plurilingüe, o grupo de traballo de Dinamización da Lingua Galega, o departamento de Música de educación secundaria e a biblioteca do CPI Cabo da Area conmemoraron de xeito conxunto ou Día da Poesía (que se celebrou o pasado 21 de marzo) coa gravación de sete audiopoemas recitados polo alumnado voluntario da biblioteca escolar (Aroa Allo, Iria Costa, Enma Lobelos, Saskia Rodríguez e Cristina Santos), con acompañamento musical de frauta, teclado e melódicas por parte dos estudantes de materia de Música de 4º de ESO, coordinados polo seu profesor, Gonzalo Suárez. 

 

Día da Poesía 2023

O venres 17 de Marzo @s nos@s alumn@s de 6º de Primaria, Claudia Senande e Nuno Tirado, viñeron á radio para informarnos dunha marabillosa idea desde biblioteca para celebrar o día da Poesía o 21 de Marzo, "Pingas de Poesía".

Lanzamento da radio Cabo da Area nas Ondas

Mañá mércores 1 de Marzo de 2023 ás 11:15, a radio escolar do CPI Plurilingüe Cabo de Area volve emitir co nome "Cabo da Area nas Ondas". E como primeira actividade, o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, o Equipo de Biblioteca e os Clubs de Lectura de Primaria e Secundaria aproveitaron a visita da escritora Arantza Portabales para facer unha lectura de parte da súa obra e unha entrevista.

Poderase acceder facendo clic na imaxe do noso novo logotipo para a radio, ou ben, facendo clic nesta ligazón.

O Club de Lectura do 1ºciclo fálanos sobre "La historia interminable" no noso programa "Rat recomenda"!

Algúns compoñentes do Club de Lectura do 1ºciclo da ESO danlle continuidade ao programa iniciado o curso pasado chamado "Rat recomenda" falando da novela "La historia interminable", da que teñen moito que dicir, como comprobamos cando os escoitamos polos altofalantes na Hora de Ler. Aquel libro constituíu unha das lecturas do club no primeiro trimestre deste curso 2018-2019.

O alumnado de 4ºESO de Música fala das súas preferencias musicais

Tamén no mes de novembro o alumnado de 4ºESO que cursa a materia de Música elaborou un programa no que Héctor, Lucía e Óscar se centraban nalgúns dos seus grupos musicais favoritos. Ademais, crearon un "jingle" propio para o programa! Puidemos escoitalos, coma decote, na Hora de Ler.

Algunhas alumnas de 3ºESO entrevistan á nosa lectora de inglés, Daniella Mason

O pasado novembro algunhas alumnas de 3ºESO entrevistaron en inglés á nosa lectora (británica) deste curso, Daniella Mason, sobre cuestións relacionadas coa súa vida en Reino Unido e na actualidade.

Xa está publicado o vídeo resumo do proxecto de radio de Rede ESPORA no que estivemos o curso pasado!

Búscate neste vídeo que traza un percorrido por todos os centros de Galicia que gozaron do programa Radio na Biblio! Canto aprendemos sobre este medio de comunicación!

https://www.youtube.com/watch?v=FT-JKwutPbg&feature=youtu.be

Distribuir contido


by Dr. Radut