Skip to Content

A radio na Biblio

ENTREVISTAS SOBRE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

O alumnado de 5º de E.P. realizou durante este curso diversas entrevistas relacionadas co proxecto.  Entre elas a Isabel, da asociación Contramínate; a Ismael, da asociación Petón do Lobo e ao Alcalde e a Concelleira de Cultura de Laxe.

A continuación tedes os enlaces aos podcasts.

Asociacións medioambientais.

Alcalde e Concelleira.

O XORNAL DOS CONTOS

O XORNAL DOS CONTOS foi unha experiencia desenvolvida na radio escolar polo alumnado de 2º A, dentro do estudo dos roles de personaxes que formou parte do noso achegamento durante este curso aos elementos do xénero narrativo. 

Aquí podes escoitar as entrevistas das reporteiras e reporeiros a personaxes de diversos contos clásicos:

Carapuchiña e a súa avoa

Gretel e un dos tres porquiños

LOGO DE RADIO RAT

Lía Devesa Oróns, de 3º da ESO, foi a gañadora do concurso de logotipos para a nosa radio, que como xa sabedes, leva o nome da nosa querida mascota RAT.

 

LEDICIA COSTAS EN RADIO RAT

Hoxe, aproveitando a súa visita ao centro, o voluntariado de biblioteca do CPI P. Cabo da area, entrevistou a Ledicia Costas en Biblionovas do voluntariado.

Eloy, Sheila, Andrea e Marina tiveron unha breve conversa coa autora en Radio Rat.

Andrea fixo de técnico de son nesta ocasión.

 

 

ENTREVISTANDO O BATALLÓN LITERARIO

Nos episodios deste programa o alumnado de 4º ESO entrevistará a algúns dos membros do Batallón Literario da Costa da Morte, intentando averiguar todo o posible sobre a relación das súas obras coa Paisaxe e a Sustentabilidade, tema do Proxecta deste curso no centro.

ESCÓITAO!!!

HOY VENGO A HABLAR DE

HOY VENGO A HABLAR DE... é unha serie de programas monográficos nos que o alumnado abordará diferentes temas mediante textos expositivos e de opinión.

RAT RECOMENDA

RAT RECOMENDA é o noso programa de recomendacións culturais.

BIBLIONOVAS DO VOLUNTARIADO

O alumnado voluntario da Biblio irá informándonos das novidades das salas no programa BIBLIONOVAS DO VOLUNTARIADO, que podedes escoitar na nosa canle de IVOOX

Aquí os tedes con Patricia, a profesora de música, gravando o jingle para a cabeceira do programa:

 E aquí está o primeiro guión para informar sobre as actividades do Entroido:

XORNADA DE FORMACIÓN DE RADIO

O voluntariado de lectura A , o voluntariado de biblioteca e o Club de lectura asistiron a un taller de radio impartido por Javier Prado, no que aprenderonna modular a voz e a empregar os equipos para poder gravar.

PIONEIRAS DO DEPORTE EN GALICIA

A biblioteca recibiu a Cristina López Villar, profesora de Historia do Deporte na UDC, que veu presentarnos o seu último libro Pioneiras do Deporte en Galicia, unha investigación sobre a presenza feminina no deporte a finais do S.XIX e comezos do S.XX, que xa tedes listo para o préstamo na nosa biblioteca.

Foi presentada pola nosa voluntaria de biblioteca Paula e posteriormente entrevistada por Lucía para a radio escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut