Skip to Content

Horario de atención ao público en administración:

9:00 - 14:00 horas

Contacto:

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Rúa Isidro Parga Pondal, nº45

15118 Laxe

881 88 07 09

cpi.cabo.area@edu.xunta.gal


O alumnado do club de lectura de 1º ESO do CPI Plurilingüe Cabo da Area mantivo un encontro literario co autor Pepe Carballude, celebrado na biblioteca de secundaria do centro o martes, 9 de abril. O novelista realizou un repaso pola súa ampla traxectoria literaria e reflexionou cos estudantes do club de lectura sobre o proceso de confección da súa obra De como o santo dos croques se fai peregrino. O alumnado realizou unha entrevista ao novelista, onde este revisou os principais fitos da súa actividade cultural, e agasallouno con materiais de creación orixinal arredor da peza lida polos estudantes, rematando o encontro cun pícnic literario. 

Podedes ver máis fotos facendo clic na nosa galería e escoitar a entrevista na nosa radio ou descargándoa como podcast.


O próximo 10 e 11 de abril terán lugar as avaliacións de diagnóstico para o alumnado de 4º de Educación Primaria e 2º ESO, unha avaliación do sistema educativo dentro do marco de aplicación da LOMLOE.

Será un proceso anónimo e confidencial que non terá efectos académicos no expediente do alumnado. 

As competencias avaliadas serán: competencia matemática e lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés).

Haberá adaptacións para o alumnado con necesidades de apoio educativo.

Se queres máis información, pincha nas seguintes dúas ligazóns:

Ligazón 1

Ligazón 2

 


O pasado 7 de marzo, o alumnado de 4º e 5º de educación infantil participou nun obradoiro de pesca con José Manuel Ramos, mariñeiro experimentado que ensinou aos máis cativos as ferramentas e destrezas básicas da profesión. Os nenos e nenas gozaron enormemente da actividade. Moitas grazas a José Manuel por acompañarnos durante ese xornada e formar aos nosos alumnos nunha das tarefas máis emblemáticas da contorna. Aquí deixámosvos unha foto dese día, pódense ver máis fotos ver máis picando en Galería.

 


O alumnado de 4º de educación primaria participou no concurso da CRTVG DígochoEu, no marco das actividades fomentadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, resultando finalista do certame. 

Para visualizalo, podedes velo na nosa páxina ou ben clicar na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/reel/7445934998778773

 

 


A Consellería de Educación acaba de publicar unha resolución que determina a acreditación do nivel de iniciación en competencia dixital para o alumnado de 4º que acade o título da ESO no curso 2023-2024. Non obstante, aqueles estudantes que desexen acceder ao nivel intermedio poderán presentarse a unha proba específica que se celebrará no mes de abril no centro. Se algún alumno estivese interesado en presentarse á proba, é necesario que cumprimente o Anexo IV que figura na resolución do 28 de febreiro á que se poderá acceder a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf

A data límite para a tramitación da solicitude e a súa entrega na Secretaría do centro será o xoves, 14 de marzo, ás 14h. Lembrade que o horario de atención ao público na oficina de Administración é de 09.00h a 14.00h.

 


Desde o día 1 e ata o 20 de marzo, permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro educativo.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR: Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada, deberase presentar:

- Libro de familia ou documento equivalente onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- Fotocopia do DNI da/o alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a patria potestade e a custodia.

- En caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, documentación xustificativa e a súa avaliación psicopedagóxica inicial.

- No caso de proceder de 5º ou 6º de educación infantil ou dalgún curso de primaria e secundaria, deberán achegar tamén a certificación académica do centro de procedencia. 

Para calquera dúbida sobre a admisión de alumnado, poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880709.

 

RELACIÓN PRAZAS VACANTES ALUMNADO CURSO 2024/2025

INFANTIL

4º INF. : 20

5º INF. : 16

6º INF. : 11

     

PRIMARIA

1º EP : 4

2º EP : 5

3º EP : 0

4º EP : 0

5º EP : 0

6º EP : 2

SECUNDARIA

1º ESO : 17

2º ESO : 4

3º ESO : 14

4º ESO : 14

   

O nº de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no primeiro curso de cada etapa (4ºinfantil,1º primaria e 1º secundaria obrigatoria) será de 3.

 

Publicación das listaxes provisionais e definitivas do alumnado admitido e non admitido:

• As listaxes provisionais publicaranse o día 25.04.2024. O prazo de reclamación contra as listaxes provisionais será do 26.04.2024 ata o 03.05.2024. As listaxes definitivas publicaranse o día 15.05.2024. As listaxes provisionais e definitivas poderanse consultar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) empregando a Chave365 ou o certificado dixital e tamén no taboleiro de anuncios do Centro.

Prazos para formalizar a matrícula:

    •  En infantil e primaria: Do 20.06.2024 ata o 30.06.2024

    •  En ESO: Do 23.06.2024 ata o 07.07.2024

Normativa aplicable:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


O xoves, 21 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do centro preparou diversas actuacións musicais e teatrais co fin de celebrar o comezo dos festexos do Nadal, participando no xa tradicional Festival de Inverno do CPI Plurilingüe Cabo da Area. Para visualizar o espectáculo, non deixedes de clicar nas seguintes ligazóns. 

Actuación do alumnado de educación infantil

Actuación do alumnado de 1º de educación primaria

Actuación do alumnado de 2º de educación primaria

Actuación do alumnado de 3º de educación primaria

Actuación do alumnado de 4º de educación primaria

Actuación do alumnado de 5º de educación primaria

Primeira parte da actuación do alumnado de 6º de educación primaria

Segunda parte da actuación do alumnado de 6º de educación primaria


O mércores, 20 de decembro, os Reis Magos visitaron ao alumnado de educación infantil e os primeiros cursos de primaria para recibir os saúdos agarimosos dos nosos estudantes e as cartas que prepararon coas súas peticións para o Nadal. 


O martes, 19 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do centro recibiu a visita de Papá Noel, que se achegou ás instalacións do CPI Plurilingüe Cabo da Area para compartir agasallos e os seus mellores desexos para o Nadal cos estudantes de menor idade.



by Dr. Radut