Skip to Content

O martes, 19 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do centro recibiu a visita de Papá Noel, que se achegou ás instalacións do CPI Plurilingüe Cabo da Area para compartir agasallos e os seus mellores desexos para o Nadal cos estudantes de menor idade.


Destinarios:

  • O alumnado procedente da EEI de Traba.
  • O alumnado de 4º ESO que desexe iniciar os estudos de bacharelato no IES Eduardo Pondal (Ponteceso).

Se, pola contra, desexan que vaian a outro centro educativo distinto dos anteriores, deberán agardar ao prazo ordinario de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.

 Documentación a presentar:

  • Solicitude de reserva – anexo I e anexo I-bis (Documento: ED550A)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

 Presentación da solicitude:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentarse na secretaría do centro educativo onde está matriculado o/a alumno/a no presente curso 2023/2024.

 Publicación das listaxes de admitidos:

 O día 22 de febreiro de 2024 publicarase a listaxes de admitidos mediante reserva de praza no centro onde está matriculado o/a alumno/a no presente curso 2023/2024.

IMPORTANTE:

O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de reserva nin de admisión. 


Tal e como o recolle a Orde do 4 de xaneiro de 2024, neste centro, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico (agás o ordenador Edixgal, dado que se trata dunha ferramenta didáctica de uso diario para o desenvolvemento das distintas materias) durante os períodos lectivos (horas de clase) e non lectivos (as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar, de desprazamento no transporte escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares).

Recoméndase ao alumnado que evite asistir ao centro con teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, xa que en caso de acudir con eles, durante os citados períodos lectivos e non lectivos, o alumnado deberá mantelos inactivos e debidamente gardados, sen estar á vista.

De incumprirse esta norma, os aparellos serán requiridos ao alumnado e custodiados no centro (Artigo 11.3 da Lei 4/2011) ata a súa recollida por parte dos seus titores legais ou persoa en quen delegue, e ademais, acompañarase da medida correctora correspondente. 

Tan só, e cando o docente o solicite, poderanse empregar como ferramenta pedagóxica. Neste caso, o profesorado remitirá unha autorización ás familias.

Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. 


Prezadas familias,

Como sabedes, o centro está a organizar unha carreira solidaria que tiñamos previsto realizar en datas próximas. Non obstante, debido ao mal tempo continuado que vimos sufrindo nas últimas semanas, esta actividade aprázase ata unha data aínda por determinar. En canto contemos con máis datos ao respecto, volveremos a informarvos.

As familias que desexen participar deberán aboar o custo da inscrición antes do inicio do evento nunha caixa que haberá ao carón da saída da carreira e completar previamente o seguinte formulario de inscrición: https://forms.gle/pUMtMJv9MFKM6K6h8 

 Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. 


Prezadas familias:

Indícase a continuación a relación de datas e horas para a celebración das xuntanzas iniciais entre as persoas titoras de cada grupo e os pais, nais e titores/as legais do alumnado:

6º de educación infantil e 1º de educación primaria: Mércores, 20 de setembro, ás 16.30h.

2º e 3º de educación primaria: Mércores, 20 de setembro, ás 17.00h.

4º, 5º e 6º de educación primaria: Mércores, 20 de setembro, ás 17.30h.

1º e 2º ESO: Xoves, 21 de setembro, ás 16.00h.

3º e 4º ESO: Xoves, 21 de setembro, ás 17.00h

O lugar de recepción será a entrada principal dos edificios de primaria e secundaria, respectivamente. A continuación, as familias de cada grupo acompañarán á persoa titora correspondente á aula de referencia. 

Lembramos que se abordarán asuntos relacionados co funcionamento do centro, xunto con outras consideracións de importancia para o desenvolvemento de cada grupo. Polo tanto, recomendamos a máxima asistencia posible. 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e participación. 

 


Prezadas familias:

O vindeiro luns, 11 de setembro, dará comezo o curso 2023-2024.

O alumnado de 4º de educación infantil participará nun período de adaptación ao contexto escolar, seguindo as indicacións que proporcionará a persoa titora na xuntanza que manterá esta semana coas familias do seu grupo. O resto dos estudantes de educación infantil e primaria iniciarán as clases no horario correspondente ao mes de setembro (de 09.15h a 14.15h para as sesións lectivas e de 14.15h a 15.00h para a quenda única do comedor, no caso de aqueles/as alumnos/as que sexan usuarios/as do mesmo).

Pola súa parte, os/as estudantes de educación secundaria incorporaranse ás clases no seu horario habitual (de 08.45h a 14.05h os luns, mércores, xoves e venres; de 08.45h a 13.30h e de 16.10h a 18.40h os martes).

Benvidos a todos e todas!


Estimadas familias:

O centro permanecerá pechado durante o mes de agosto. Ante calquera urxencia, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: cpi.cabo.area@edu.xunta.gal

Bo verán.


Está dispoñible no taboleiro de Secretaría do centro ou descargando aquí a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024.


Como cada ano, está dispoñible na secretaría do centro ou descargando aquí,o impreso de solicitude de asistencia ao comedor do alumnado, para o vindeiro curso 2023/2024, que deberá ser entregado no edifico da ESO en horario de 09,00 a 14,00 horas.

O prazo preferente para entregar no centro este impreso abrangue do xoves 06 de xullo ata o 14 de xullo de 2023.

Ademais, está dispoñible na secretaría do centro ou descargando aquí, o impreso de solicitude de colaboración no comedor para o vindeiro curso 2023/2024, que deberá ser entregado no edificio de ESO en horario de 09,00 a 14,00 horas.


O mércores 21 de Xuño o centro CPIP Cabo de Area coa chegada do fin do curso 22/23 celebrou dous eventos, o 50 aniversario do centro e a gradación de 4º de ESO.

Co 50 aniversario celebrouse un carreira conmemorativa, na cal se correu cunha camiseta deseñada para este día e que se regalou a todas/os as/os participantes. Ademais, ao finalizar a carreira deuse unha mazá, unha barriña enerxética e auga. 

Tamén durante a gradación emitiuse un vídeo para a celebración do 50 aniversario. Este foi creado pola profesora de 3º de Primaria, Mariña Lema, cantado polo seu alumnado, maquetado polo profesor Sergio Pereira, e coa colaboración de toda a comunidade educativa. (Facendo clic na imaxe podedes acceder ao vídeo)

Tedes tamén o vídeo subido a YOUTUBE na seguinte ligazon: https://youtu.be/aheuODGQhMc

Desde o CPIP Cabo dá Area queremos dar as GRAZAS a todas as persoas que fixeron posible estes dous eventos: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente.

Tamén desexamos todo o mellor a todo o alumnado de 4º da ESO nesta nova etapa que comezan.



by Dr. Radut