Skip to Content

Àbrese o  prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2023/2024 só para alumnos de nova incorporación ao centro, que será do 01.03.2023 ata o 20.03.2023 (ambos incluídos).

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deberase presentar a fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

Para calquera dúbida sobre a admisión de alumnado poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880709.

 

RELACIÓN PRAZAS VACANTES ALUMNADO CURSO 2023/2024

INFANTIL

4º INF. : 22

5º inf. : 17

6º inf. : 12

     

PRIMARIA

1º P : 11

2º P : 3

3º P : 5

4º P : 4

5º P : 11

6º P : 11

SECUNDARIA

1º ESO : 2

2º ESO : 15

3º ESO : 11

4º ESO : 8

   

O nº de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no primeiro curso de cada etapa (4ºinfantil,1º primaria e 1º secundaria obrigatoria) será de 3

 

Publicación das listaxes provisionais e definitivas do alumnado admitido e non admitido:

 • As listaxes provisionais publicaranse o día 25.04.2023.  O prazo de reclamación contra as listaxes provisionais será do 26.04.2023 ata o 03.05.2023. As listaxes definitivas publicaranse o día 15.05.2023. As listaxes provisionais e definitivas poderanse consultar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) empregando a Chave365 ou o certificado dixital e tamén no taboleiro de anuncios do Centro.

 Prazos para formalizar a matrícula:

  •  En infantil e primaria: Do 20.06.2023 ata o 30.06.2023 
  •  En ESO: Do 23.06.2023 ata o 07.07.2023 

Normativa aplicable:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


Mañá mércores 1 de Marzo de 2023 ás 11:15, a radio escolar do CPI Plurilingüe Cabo de Area volve emitir co nome "Cabo da Area nas Ondas". E como primeira actividade, o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, o Equipo de Biblioteca e os Clubs de Lectura de Primaria e Secundaria aproveitaron a visita da escritora Arantza Portabales para facer unha lectura de parte da súa obra e unha entrevista.

Poderase acceder facendo clic na imaxe do noso novo logotipo para a radio, ou ben, facendo clic nesta ligazón.


O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición o curso 2023-2024 será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
 
Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do EEI de Traba e do CEIP de Torrexallóns para o vindeiro ano académico 2023/2024.
 
Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso no vindeiro ano académico 2023/2024, poderá solicitar a reserva de praza neste centro.

 

A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, poderase presentar no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.

 

Ficheiros adxuntos:

 

 


A Asociación VIEIRO dentro da programación de PREVENCION no ÁMBITO FAMILIAR, pon en funcionamento o programa “PAIS E NAIS NO OCÉANO EDUCATIVO”, destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.

Remitimos información neste pdf (PINCHAR AQUÍ)


Acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS ao Consello Escolar e SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (enlace PDF)


A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ampliou en 25 € a axuda para adquirir material escolar para este curso 2022/2023. Esta ampliación regúlase na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar (DOG núm. 196 do 14.10.2022).

As familias que foron beneficiarias do cheque de material de 50 € para este curso 2022/2023 poden recoller na secretaría do centro o cheque de 25 € a partir das 10:30 horas do vindeiro 17/10/2022. As familias non teñen que realizar máis trámites que recoller o cheque e entregalo na librería da súa elección ao mercar material.

Utilizarase preferentemente na librería antes do 01/12/2022.

O centro nunca expedirá un novo vale, en caso de que a persoa beneficiaria ou a libraría o extravíen.


LUNS 19 DE SETEMBRO: EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

E.INFANTIL:16,00 H.

1º E. PRIMARIA: 16,00 H.

2º E. PRIMARIA: 16,30 H.

3º E. PRIMARIA: 17,00 H.

4º E. PRIMARIA: 17,00 H.

5º E. PRIMARIA: 17,30 H.

6º A/B E. PRIMARIA: 17,30 H.

 

MÉRCORES 21 DE SETEMBRO: SECUNDARIA

4º ESO e 3ºESO: 16:00 H.

1ºESO e 2ºESO: 17:00 H.

As aulas nas que se desenvolverán as xuntanzas, serán as indicadas polo profesorado correspondente que recollerá as familias nas entradas do edificio.

Esperamos que a asistencia sexa masiva, posto que estas xuntanzas son moi importantes para o desenvolvemento do curso escolar.


Bo día:

Mañá día 8 de setembro comezan as clases de infantil, primaria e secundaria no horario habitual de cada ano. Coma sempre, no caso de infantil e primaria en setembro e xuño a xornada será continua.

 

Haberá xa desde o primeiro día servizo de transporte e comedor. Neste curso 2022/2023 os buses entrarán no recinto escolar para deixar e recoller ao alumnado. É por iso que aqueles alumnos/as que non utilicen o transporte escolar terán que esperar a que os buses abandonen o centro para poder entrar e saír polo portalón.

 

CALQUERA VARIACIÓN NO USO DO TRANSPORTE DEBERÁ SER COMUNICADA CON ANTELACIÓN AO TITOR/A.

 

Está prohibido que as familias accedan ao recinto escolar a deixar ou recoller ao alumnado.

Atentamente,

O Equipo Directivo.



by Dr. Radut