Skip to Content

Todo o alumnado da ESO deberá formalizar a matrícula para o seu curso correspondente.

O prazo de matrícula para o curso 2023-2024 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 07 de xullo.  De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza.

Atención preferente nas datas seguintes en horario de 9:00 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

1º ESO: 23 e 26 de xuño de 2023

2º ESO,3º ESO e 4º ESO: 27 e 28 de xuño de 2023


Entrega de notas de todos os curso da ESO: 26 de xuño ás 10:00 horas na súa respectiva aula co/a titor/a. Xunto coas notas recibirá o impreso necesario para documentación necesaria.  Ademais, as cualificación publicaranse en Abalar o 26 de xuño ás 17 horas. O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 10:00 a 14:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

Xunto co boletín de cualificacións, farase entrega dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica. Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO.


DATAS DE MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: Do 20 ao 30 de xuño.

O resto de alumnado de infantil e primaria xa matriculado no curso 2022/2023 no CPI Plurilingüe Cabo da Area ten garantizada a súa continuidade e non é necesario volver a facer a matrícula.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO (CURSO 2023/2024):

  1. Fotocopia das tarxetas sanitarias do alumno/a
  2. Fotocopia do libro de familia
  3. 2 Fotografías tamaño carné actualizadas
  4. Certificado de empadroamento
  5. Certificado médico
  6. Soamente para novo alumnado de infantil: Enquisa uso familiar da lingua.
  7. De ser o caso, certificado discapacidade (en caso de non telo entregado antes no proceso de admisión)
  8. De ser o caso, resolución xudicial de separación,divorcio ou convenio regulador (en caso de non telo entregado antes no proceso de admisión)

 Os documentos de formalización de matrícula que se poderán recoller na Secretaría do centro en horario de 9 a 14 horas.

Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.

 


  • Listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas:  10/07/2023

  • Reclamacións á listaxe provisional: 11/07/2023 e 12/07/2023

  • Listaxe definitiva cos libros asignados a cada alumna/o: 13/07/2023

  • Entrega dos vales para adquirir o material escolar e libros: Do 13/07/2023 ao17/07/2023 (horario de 10:00 a 13:00 horas). Quen non recolla os vales estes días poderá facelo en setembro.

As listaxes do fondo de libros poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital, tamén se poden consultar no taboleiro de anuncios no interior do Centro.

 

Os libros de préstamo asignados ao alumnado serán entregados ao comezo do curso. 


No noso desexo de mellorar os servizos que presta a biblioteca escolar, engadimos a seguinte enquisa de satisfacción arredor da calidade e idoneidade dos recursos e actividades deseñados ao longo do curso 2022-2023 pola biblioteca do CPI Cabo da Area: https://forms.gle/c33Z43XGvvuiyc8h6 

Polo tanto, prégase ao alumnado do centro que complete dito formulario antes do 30 de maio co fin de obter unha información precisa e veraz que nos permita converter este espazo nunha área de formación e creación para a nosa comunidade educativa. 

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

 


CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2022-23. Regulado pola Orde do 10 de maio de 2023

O prazo para presentar as devanditas solicitudes permanecerá aberto dende o 20.05.2023 ata o 21.06.2023. As que se presenten fóra de prazo quedarán excluídas. 

O fondo solidario de libros de texto, estará destinado ao alumnado matriculado no vindeiro curso 2023/2024 en 3º e 4º de educación primaria e en 2º,3º e 4º ESO.

As axudas para a adquisición de material escolar irán dirixidas ao alumnado matriculado no ano académico 2023/2024 en calquera curso de educación primaria e de ESO.

Requírese para ter dereito a estas axudas non superar os 10.000 € de renda per cápita da unidade familar no ano 2021.

Para participar no fondo solidario de libros e para solicitar as axudas de material escolar haberá que cubrir e presentar, preferiblemente por vía electrónica, os formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Opcionalmente, estas solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría do centro en horario de 09:15 a 13:30 horas

a) Anexo I ED330B e Anexo II cuberto e asinado pola persoa solicitante (nai ou pai).

b) Copia DNI en vigor de todos os membros computables da unidade familiar.

c) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

f) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.


No noso centro, contamos co Proxecto Edixgal xa implantado en 5º e 6º de Educación Primaria. A partir do vindeiro curso 2023/24 incorporarase o alumnado de 1º da ESO.  Nos cursos seguintes iranse incorporando os demais niveis do centro. No curso 2026/27 todos os niveis da ESO estarán incorporados ao programa.

O programa Edixgal supón que a maior parte do material de traballo das materias (libros de texto, probas, recursos didácticos creados polo profesorado...) estará dispoñible en soporte dixital.

Pode consultar máis información na seguinte ligazón: Programa Edixgal


Video regueifa feminista club de lectura:

Vídeo regueifa feminista 2ºEP: https://youtube.com/shorts/58F3ndH_PR4

 



by Dr. Radut