Skip to Content

Taboleiro

Visita de profesoras do Agrupamento de Escolas de Trancoso

Na semana do 11 ao 15 de decembro de 2023 tivemos no centro ás profesoras Cristina e Rosa do Agrupamento de Escolas de Trancoso (Portugal) facendo unha actividade de job shadow no marco da acreditación Erasmus+.

Fabricamos xabrón con aceite de cociña reciclado e filtrado

No marco do CPInnova, na liña de sostibilidade, traballamos na reciclaxe de aceite de cociña, procedente das casas dos membros da comunidade educativa e do propio comedor do centro. De xeito conxunto do departamento de Artes Plásticas e o de Física e química traballan neste proxecto interdisciplinar co alumnado de 4º ESO fabricando con este aceite usado, unha vez filtrado, xabrón para uso doméstico.

Actividades para unha "Mobilidade segura e saudable" co alumnado de ESO

aesleme

Ao longo do mes de novembro, no marco da campaña de MOBILIDADE SEGURA E SAUDABLE, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu a unha charla “PODE PASARCHE” impartida por un compañeiro de AESLEME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal). A charla constou das seguintes partes: Factores de risco, medidas preventivas, actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes.

No caso do grupo de 4º da ESO, a charla “SE CONTROLAS VOLVES” centrouse en que o alumnado coñeza os efectos do consumo de alcol e drogas, traballar a presión grupal para que aprendan a dicir NON e o fomento do condutor alternativo cando saen e teñen que coller algún vehículo para volver a casa.

A finalidade deste programa de prevención é que os rapaces e as rapazas do centro coñezan de primeira man os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes.

Así conmemoramos no centro o 25 N: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, leváronse a cabo no centro diversas actividades orientadas a contribuir á prevención e eliminación deste problema social tan grave.

O alumnado de 4º ESO pintou un mural no patio no que os ladrillos en negro representan as mulleres asasinadas, vítimas de violencia machista, entre o 25 de novembro do ano pasado e o 25 de novembro deste ano.

Alumnado de 1º ESO participa na Digitalweek en Os Peares

Entre os días 5 e 11 de novembro de 2023, 25 alumnas e alumnos de 1º ESO participan na Digitalweek no centro de inmersión lingüística de Os Peares. Organizado pola CCEFPU, é un programa de inmersión lingüística en inglés a través do desenvolvemento de actividades dixitais, nomeadamente: robótica, creación de páxinas web, deseño, escaneo e impresión 3D e tamén actividades físicas, de convivencia e cultura.

Máis información | Digitalweek

Participación do CPI Plurilingüe O Cruce na EU Code Week

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou no mes de novembro na EU Code Week cunha actividade que consistiu en deseñar e construir taboleiros Bee-Bot para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria. 

Menús comedor

Distribuir contido


by Dr. Radut