ACTIVIDADE PISCINA 2023-24

Queremos informarvos que para este curso 2023- 2024, desde ANPA ofertamos a actividade de piscina concertada coa piscina de Brión. Achegámosvos unha FOLLA DE INSCRICION para cumprimentar e enviar cuberta vía e-mail anpasanisidro@gmail.com ou ao Whatsapp da asociación 658-978726 ANTES DO 10 DE SETEMBRO.

O sistema de facturación da Actividade de piscina é a través de domiciliación bancaria na conta que indiquedes. Se nalgún momento queredes dar de baixa ao voso/a fillo/a tedes que facelo antes do día 20 do mes anterior ao inicio do trimestre de cobro. De non ser así procederase á facturación do trimestre completo. Informamos que no caso de producirse algunha devolución dos recibos mensuais o cobro terá un recargo de 4 € en concepto de comisións bancarias.

Intentarase que as actividades comecen o día 2 de OUTUBRO e rematarán co curso académico 2023/2024, no caso de que non se forme grupo dalgunha poñerémonos en contacto coas familias para informarvos doutras alternativas. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa ANPA no correo electrónico anpasanisidro@gmail.com ou no teléfono 658-978726 e se é preciso trasladaremos a vosa consulta á empresa responsable da actividade.

Seguro de accidentes: todos os participantes en actividades terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma

ACTIVIDADE PISCINA 2023-24

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer