Orientación

Programación didáctica curso 2022-23

A programación didáctica do departamento de Orientación correspondente ao curso 2022-23 achégase no documento adxunto.

 

O NOSO COLE

 

 

 

 

 

 

 

Preme nos logos para coñecer o noso centro

 

 

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Na paxina seguinte está a convocatoria para as becas para o alumnado de necesidades educativas especiais do MEC, se necesitades axuda, a partir de setembro se vos solucionarán as dúbidas- Un saúdo

 

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

AESLEME VISITOU O NOSO COLEXIO

O pasado luns 27 de outubro, AESLEME visitou ao alumnado de 4º da ESO para explicarlles que función cumpre a médula espinal e as consecuencias asociadas á súa lesión, que pode ser completa ou incompleta. Tamén lle explicou as consecuencias derivadas dos danos a nivel cerebral.

Como medidas preventivas, fixose fincapé no perigo que supón asociar alcol e condución, así como na necesidade de optimizar as medidas de seguridade cando circulamos pola estrada: cinturón, airbag, reposacabezas, casco cando nos desprazamos en moto... Do mesmo xeito, convén adoptar certas precaucións cando nos bañamos no mar ou no río, tales como controlar a profundidade, asegurarse de que non atoparemos obstáculos e tirarse sempre de pé antes de facelo de cabeza.

Cando xa ten lugar a lesión, ésta pode impedir a deambulación ou ter outras consecuencias en ocasións moi graves e variables en función da área danada. Nestes casos vanse requerir certas adaptacións na vivenda, no traballo ou no tempo de ocio, onde o exercicio físico xogará un papel fundamental.

Dani explicounos a súa experiencia persoal e o cambio que o accidente supuxo na súa vida, tentando concienciar ao noso alumnado da importancia de asumir unha conduta responsable nos desprazamentos pola estrada.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer