CONTACONTOS CON CELSO F. SANMARTÍN

 

O luns 6 de novembro o alumnado de secundaria tivo unha saída ao edificio Multiúsos do noso Concello. Nel estivemos acompañados por Celso Sanmartín, un contador de contos que nos dixo que é contador do que hai, é dicir, conta o que é e de onde é. 

Desta maneira, aprendemos a contar historias ou anécdotas a través da naturalidade e sendo espontáneos. 

Relatounos varias historias que nos axudaron a poder desenvolvernos e facelo nós. Foi todo un pracer poder telo con nós en Rois!

(Carmen, Cristina e Noela)

AdxuntoTamaño
IMG20231106170848.jpg36.29 KB
IMG20231106170742.jpg64.02 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer