Skip to Content

Secretaría

Secretaría e Administración do CPI A Picota

AMPLIACIÓN PLAZO PRESENTACIÓN BECAS DE CARÁCTER XERAL CURSO 22/23

RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, POLA QUE SE AMPLÍA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023, PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS”

 

CONVOCATORIA XERAL DE BECAS DE EDUCACIÓN 2022

Comunicámoslles que o sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede. Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

NOVIDADES ORDE DE AVALIACIÓN

No presente pdf podedes botar un ollo ás principais novidades recollidas na nova orde de avaliación así como acceder ao documento completo.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 22/23

O prazo de presentación de solicitudes para o novo alumnado comprende do 1 ao 21 de marzo de 2022.

As solicitudes poden facerse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro ou ben chamar ao 881 866 091.

Os impresos de solicitude pódense coller no centro ou ben descargalos nos seguintes enlaces:

Solicitude admisión (galego)

Solicitude admisión (castelán)

Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5
da Orde do 25 de xaneiro:

  1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
  2. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia de todas as follas escritas).
  3. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Ademais desta, deberá aportarse a seguinte documentación:

  1. Dúas fotos.
  2. Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.
  3. Certificado do Padrón Municipal no que figuren: o domicilio familiar, os membros da familia que conviven nel e data de alta na vivenda.
  4. Fotocopia da cartilla de vacinas.

NOVIDADES PROTOCOLO COVID XANEIRO 2021

No pdf anexo podedes consultar un resumo das novidades publicadas pola Consellería relacionadas co protocolo COVID nos centros.

Distribuir contido


by Dr. Radut