Skip to Content

Admisión alumnado curso 24/25

Achégase documentación relativa ao Proceso de Admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Prazo aberto dende  o 1 de marzo ata o 20 de marzo, ámbolos dous  incluídos.

- Instrucións admisión de alumnado curso 2023/24

- Orde procedemento de admisión

- Calendario

- Postos dispoñibles

- Comunicado reserva IES Carril

- Nota informativa

- Centros de adscripción

- Criterio complementario de admisión

- Comunicado prazo de admisión

- Folla de solicitude de admisión ED550B-G

- Postos dispoñibles

Exposición da camelia

Na semana do 4 ao 8 de marzo faremos unha exposición da camelia. Para participar nesta exposición o alumnado terá que traer unha camelia e un papel identificando o lugar  da mesma. Farase unha exposición por cada edificio. As fotos das catro exposicións publicaranse na web do centro.

Actividades de nadal

Mentras os maiores disfrutaron dun día no cine, os máis cativos baixamos ao auditorio a desfrutar da fantástica obra de teatro "O Apalpador e a nena sen medo". Cando rematou estábannos agardando nada máis nin nada menos que As súas maxestades os Reis Magos de Oriente!!!!!

Penso que nos portamos tod@s moi ben porque nos deron agasallo a tod@s!!! Ata sacaron unha foto coas mestras... Sorriso

 

Deporte escolar

Aquí tedes algúns dos nosos deportistas de 6º no campo a través en Portas. 

 

 

O Magosto

Hai algunha festa máis divertida (despois do entroido claro...) que o magosto?? Nós cremos que non!!! Xogamos a xogos tradicionais, comemos unhas castañas que estaban boísimas e desfrutamos dun fermoso día de sol que tanto precisabamos!!!

 

Concerto do Día da Música

Como é costume todos os anos polo 22 de novembro baixamos ao auditorio de Catoira a disfrutar da música co alumnado da Escola de Música Municipal de Catoira e a maiores este ano contamos coa actuación do trío Factoría de Subsistencia. Escoitade que marabilla!!!

 

 

 

Concerto da Escola de Música Municipal de Valga

A comezos de curso fomos co alumnado de ed. infantil a un concerto dídáctico ao auditorio de Valga e pasámolo xenial!!!!

 

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Achégase orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

- Orde

 

Distribuir contido


by Dr. Radut