Skip to Content

Admisión alumnado curso 24/25

Achégase documentación relativa ao Proceso de Admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Prazo aberto dende  o 1 de marzo ata o 20 de marzo, ámbolos dous  incluídos.

- Instrucións admisión de alumnado curso 2023/24

- Orde procedemento de admisión

- Calendario

- Postos dispoñibles

- Comunicado reserva IES Carril

- Nota informativa

- Centros de adscripción

- Criterio complementario de admisión

- Comunicado prazo de admisión

- Folla de solicitude de admisión ED550B-G

- Postos dispoñibles

Fondo Solidario Libros de texto 2024/25

Achégase documentación para solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico 2024/25.

O prazo de presentación remata o 21 de xuño inclusive. 

Orde do 7 de maio de 2024 

- Anexo I e II (modelo a cumprimentar)

- Instrucións fondolibros_24/25

- Aplicación Fondo Libros

- Sede electrónica

Poden facer a solicitude dos seguintes xeitos:  

De xeito telemático na aplicación FondoLibros. Feita a solicitude pode presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia (con número de solicitude) ou ben presentala en papel no centro educativo.

Descargar e cumprimentar os anexos e presentalos no centro educativo.

Solicitar os anexos no centro, cumprimentalos  e entregalos no propio centro educativo.

PUNTO LARANXA

PUNTO LARANXA -

O PUNTO LARANXA é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración do alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Como funciona o Punto Laranxa?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Existen dúas vías para comunicar a túa mensaxe:

1ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA FÍSICO:

1. Escribe a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa do teu centro. Neste caso, está na parede situada entre a sala de reunións e sala do arquivo no Edificio Principal.

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa o teu papel. Esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o Acoso Escolar no centro (Equipo ACAE).

2ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA VIRTUAL:

Outra opción é achegar a túa mensaxe a través do formulario que se atopa na páxina web do centro. Atoparás unha icona como esta na marxe dereita da páxina web do centro.

Unha vez premes na imaxe, aparecerá un formulario que consta dun único campo de texto no que poderás escribir a túa mensaxe e esta será enviada á conta de correo dun dos membros do equipo ACAE para revisar a solicitude dun xeito anónimo.

[Novas do centro]

Intercambio de alumnado de 3º ESO cun colexio francés

A prensa faise eco do intercambio de alumnos que viñeron dende Francia a pasar uns días de convivencia co alumnado de 3º da ESO.

 

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Achégase orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

- Orde

Distribuir contido


by Dr. Radut