Skip to Content

CIRCULAR Nº 2- CAMBIO DE HORARIO-Infantil e primaria

  • ·        O luns 1 de outubro empezamos horario de xornada partida. Lembre que hai clase pola tarde os martes e xoves, saíndo ás 17:00h ambos días.

De 9:30 a 14:00 en INFANTIL e PRIMARIA os martes e xoves. Pola tarde entran ás 15:55h os martes e ás 16:00h os xoves, saíndo en ambos casos ás 17:00h, hora en que parten os buses. Os luns, mércores e venres entran ás 9:30 e saen ás 14:05h. Despois dun tempo de comedor marchan os buses sobre as 15:30h.

  • ·        Por outra banda lembrámoslle que este curso seguimos coas diferentes campañas de reciclaxe dentro da nosa política de protección do medio ambiente: tapóns, pilas, cartuchos, tóners de impresora e principalmente ACEITE USADO DE COCIÑA.

A partir do próximo luns 1 de outubro o alumnado xa poderá recoller o seu recipiente de plástico (oliklak) no expendedor situado na entrada do edificio de primaria. Neste senso, desde o colexio queremos lembrarlle que a finais do curso pasado fíxose un esforzo moi grande para limpar a fondo os oliklaks. Supuxo unha cantidade de tempo e dedicación importante para algunhas persoas. Por iso pregámoslle de novo que cando reciba un oliklak na casa, proceda ao seu lavado se o nota moi enluxado e sobre todo, que introduza nel a aceite COLADO, impedindo que co aceite cheguen ao centro restos sólidos que se acaban depositando no fondo facendo moi complicada a limpeza do mesmo. Se todos colaboramos un pouco o proceso será moito máis eficaz. De igual modo, aproveitamos a ocasión para darlle as grazas porque a campaña segue a ser todo un éxito despois de dous cursos poñéndoa en práctica. Non só llo agradecemos nós senón tamén o medio ambiente.

San Sadurniño, 28 de setembro 2012

A directora,

Asdo. Julia Ríos Grueiro



book | by Dr. Radut