Skip to Content

CIRCULAR Nº 1 INICIO DE CURSO 2012-2013-Secundaria

 

O equipo directivo e a totalidade do profesorado do CPI de San Sadurniño quere darlle a benvida a este curso 2012-2013 e aproveita para informarlle sobre determinados aspectos organizativos que compre salientar neste inicio de curso.

 

HORARIO

  • Xornada continua (setembro e xuño): as clases comezan ás 9:30 e rematan ás 14:30h. Entón poden marchar ou ben comer no comedor escolar ata ás 15:15 aproximadamente. Despois dirixiranse ás clases a recoller as súas pertenzas e coller o bus correspondente que partirá entre as 15:20 e as 15:30h
  • Xornada partida (de outubro a maio): Entran ás 9:30h pero saen ás 14:00h os martes e xoves e ás 14:50 os luns, mércores e venres. As tardes dos martes e dos xoves teñen clase de 15:20h a 17:00h hora na que parten os buses escolares. Os luns, mércores e venres os buses marchan entre as 15:20 e as 15:30h.

 

ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

Con motivo da entrada en vigor da orde do 23 de xuño de 2011 haberá profesores de garda para custodiar ós alumnos que cheguen nos buses atendendo ás seguintes normas:

·            Os buses seguen aparcando na rúa lateral sur e os alumnos entrarán pola porta lateral do patio cuberto. Os profesores de garda custodiarán a este alumnado ata as 9:30 hora de entrada nas aulas.

·       O alumnado que non veña no bus non poderá acceder ó recinto escolar ata as 9:25 aproximadamente. A consellería de educación establece claramente que o profesorado de garda non pode facerse responsable destes alumnos.

·       A saída para os buses será polo patio cuberto.

 

DÍAS SEN CLASE:

  • Vacacións

          -Nadal: Do 22 de Decembro ao 7 de Xaneiro, ambos inclusive.

-Entroido: 11, 12 e 13 de Febreiro.

 -Semana Santa: do 25 de marzo ao 1 de Abril, ambos inclusive.


  • Día do ensino                                      -Venres 2 de novembro

  • Días propios elixidos polo centro:-7 de decembro e 16 de maio.

 

REMATE DE CURSO:                                      -21 de xuño en secundaria.

 

HORARIO DE SECRETARÍA

Todos os días de 9:30 a 14:00, no edificio de secundaria. Destinado a arranxar aspectos burocráticos e administrativos.

Para falar coa directora mellor concerte cita previa pois ao mellor non pode atendelo se se presenta sen avisar.

 

PÁXINA WEB

A dirección do centro ten como obxectivo potenciar a páxina web como canle de comunicación. A información que transmitimos nesta circular tamén poderá ser consultada na páxina web do centro:  http://edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino


TITORÍA

  • Cada grupo de alumnos ten asignado un profesor titor. Este dedicará unha hora á semana a atender as visitas dos pais. Para que esta atención sexa máis eficaz cómpre que os pais/nais/titores que desexen falar co titor/a lles avisen coa suficiente antelación (por teléfono ou polo seu fillo) para que poida recoller a información necesaria do profesorado do grupo e non coincidir moitos pais o mesmo día.

 

  • O titor/a que lle corresponde ó seu grupo______________ é

D/Dª ____________________________________________ e gustosamente os atenderá os _______________________ de ____________ a ____________ horas.

 

Os profesores de áreas tamén teñen asignada unha hora de atención ós pais por se algún pai/nai/titor quere interesarse en concreto sobre unha materia determinada. Esta hora seralles comunicada na reunión de comezo de curso.

  • Contamos cun Departamento de Orientación no Centro. Para poder entrevistarse coa orientadora solicite visita a través do profesor titor.
  • Cando un alumno falte a clase, os pais ou titores teñen a obriga de xustificar a falta diante do titor/a. Os titores informarán aos pais do número de faltas sen xustificar de cada alumno.
  • Nas horas lectivas, incluído os recreos e horario dos alumnos con dereito a comedor, os alumnos non poden saír do Centro sen autorización. O equipo directivo e o profesorado non se responsabilizan dos posibles percances que poidan sufrir fóra. Sempre que o alumno deba ausentarse das clases comunicarallo ao titor, profesor de garda ou membros do equipo directivo. A persoa que o recolla deberá cubrir unha folla de permiso, que lle será facilitada polo titor ou xefe de estudos.
  • Ao longo do curso haberá tres avaliacións ordinarias. Aos alumnos entregaráselles unha folla informativa de notas que vostedes deberán asinar despois de ver as informacións que van nela. Devolveranse o día que o titor/a indique.
  • As faltas dos alumnos que sexan amoestados tanto en clase como en calquera dependencia do centro serán comunicadas aos pais/nais/titores e tomaranse as medidas correctoras acordadas no Regulamento de réxime interno.

·         Unha vez iniciado o curso, convocaráselles a unha reunión informativa co titor/a, para comentar aspectos relacionados co novo curso.

O horario que corresponde ao curso do seu fillo/da súa filla é o seguinte:

 

 

 

L

M

MER

X

V

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O/A Titor/a de __________________________ Asdo:

 



book | by Dr. Radut