Estimada comunidade educativa: sentimos comunicar o falecemento de A.C.B. compañeiro do noso alumnado no equipo de volei Club Aldebarán.
Dende o departamento de Orientación e o Equipo Directivo, ante esta triste nova, acompañaremos ao nosoalumnado e a toda a comunidade educativa no proceso desta dó.
Solicitamos a vosa colaboración neste proceso tendo en conta as seguintes recomendacións:
- Respectar a dor da familia tratando a información de xeito coidadoso.
- Respectar e acompañarnos nas diferentes fases do dó.
Dende o centro educativo estamos a traballar para atender as necesidades dos vosos fillos e fillas.
Como ven sendo habitual estamos á vosa disposición. Un cordial saúdo
O Equipo Directivo