Skip to Content

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Imaxe de biblioip

O día 24 de outubro conmemoramos o día internacional das bibliotecas escolares. Celebramos este día baixo o lema Biblioteca escolar, acelerador de innovación.


Con este lema, preséntase o cartel ilustrado polo creador galego Andrés Meixide coñecido por Thom, unha tira cómica publicada nun principio na revista Golfiño e agora diariamente en La Voz de Galicia. Alterna este traballo coa ilustración de carteis polos que obtivo numerosos premios e a ilustración de libros infantís e xuvenís como " Cando os animais falaban", "O galo de Antioquía", "Bacoriño" , "O Patadón"... 

O seu último traballo "O camiño, conto a conto" para La Voz de Galicia.




story | by Dr. Radut