Skip to Content

CIRCULAR Nº 6-ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR Nº 6-        ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS

OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

De acordo coa Convocatoria do día seis do mes en curso, o próximo día 29, xoves, en horario de 13:30 a 14:15 e de 16:00 a 18:00, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

2º.- Modo de emitir o voto.

 

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 

b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes das tres candidatas existentes este ano:

 

Molé, Sonia

Couce Piñón, María

Hermida Rivera, Ana Isabel

 

Cada elector deberá marcar cunha soa cruz o candidato/a elixido/a, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo xoves, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

San Sadurniño, 22 de novembro de 2012

A DIRECTORA DO CENTRO,

 

Asdo.: Julia Ríos Grueiro 



book | by Dr. Radut