Skip to Content

CIRCULAR Nº 8

·                 Actividades da última semana

Unha vez rematados os exames dedicaremos esta última semana do trimestre a algunhas actividades complementarias:

Os alumnos de 1º ESO farán unha visita o xoves 20 ao mosteiro de Sobrado dos monxes e ao belén de Betanzos.

Os alumnos de 4º ESO recibirán como todos os anos un curso de primeiros auxilios nas mañás do xoves 20 e venres 21.

O xoves pola tarde os alumnos de infantil e primaria interpretarán unhas panxoliñas e se repartirán os premios aos gañadores dos concursos organizados durante o trimestre.

Ao final do festival os alumnos de 2º ciclo da ESO sortearán unha cesta co fin de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

Os alumnos de 2º ciclo da ESO asistirán ao festival de cine o xoves 20 pola tarde.

Os alumnos de 2º ESO, dentro dunha actividade sobre alimentación saudable do departamento de educación física, verán o documental Supersize me.

No comedor de centro celebraremos o nadal por adiantado cun menú especial: langostinos, xamón asado e doces de nadal.

O venres 21 será o dia do festival de cine en infantil, primaria e 1º ciclo da ESO.

Os alumnos de 3º ESO recibirán unha charla da asociación Quérote sobre violencia de xénero.

As actividades rematarán ás 13:00 despois de que os alumnos degusten un chocolate con biscoito ofrecido polo comedor e os seus titores lles entreguen os boletíns de notas.

_____________________________________________________________________________

·         Invitación aos pais e horario de saída adiantado o venres 21:

 

Os pais quedades invitados ao recital de panxoliñas ofrecido polos alumnos de infantil e primaria o xoves pola tarde ás 15:30 no ximnasio de secundaria.

 

Atención ao horario de saída!

 

O venres 21 os buses sairán ás 13:00.

 

Os alumnos que non van en bus deberán ser recollidos ás 12:45

 

·     Vacacións de Nadal

Voltamos de vacacións o martes 8 de xaneiro, felices festas e próspero ano novo.

·     Ollo ao piollo

Atopáronse de novo casos de piollos en alumnos de primaria, pregamos tomen as medidas necesarias de prevención.

San Sadurniño, 18 de decembro de 2012

A Dirección



book | by Dr. Radut