Skip to Content

CIRCULAR Nº 15- SEMANA DA CIENCIA, RASTRO SOLIDARIO E CAMBIO DE HORARIO DE XUÑO

 

 

  • Semana da ciencia

Este ano queremos celebrar o día 5 de xuño o día do Medio Ambiente con actividades relacionadas coa ciencia:

 

O martes 28 de maio os alumnos de todos os niveis poderán visitar o planetario móbil que se instalará ese día no centro. Actividade organizada pola ANPA.

 

O luns 3 de xuño os alumnos de 3º ESO recibirán unha charla sobre a elaboración de lácteos.

 

O martes 4 de xuño os alumnos de 3º e 4º ESO acudirán a unha charla sobre a elaboración do biodiesel. ABERTA AO PÚBLICO.

 

O mércores 5 de xuño exposición de fotografías participantes no II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente. O prazo para a presentación de fotografías remata o venres 31 de maio. As bases do concurso están expostas na páxina web do centro.

 

O xoves 6 de xuño faremos unha exposición de proxectos de tecnoloxía, bioloxía, física e química e do club de ciencias de primaria e secundaria. Haberá unha exhibición dunha impresora 3D.

OS PAÍS INTERESADOS PODERÁN VISITALA A PARTIR DAS 13:00.

 

No comedor degustaremos algúns pratos elaborados con produtos ecolóxicos.

 

No recreo celebraremos a terceira semana de froita no curso 2012-2013. Haberá froita ecolóxica de temporada, gratuíta, para o alumnado do centro subvencionada polo FOGGA.

 

 

  • Cambio horario

O venres 31 de maio remata o horario partido no curso 2012-2013.

Polo tanto, a partir do luns 3 de xuño non haberá clase polas tardes, o inicio da xornada será á mesma hora, as 9:30h e os buses sairán TODOS OS DÍAS despois do tempo de comedor, entre as 15:20 e as 15:30h.

 

  • Rastro solidario 2013

O xoves 20 de xuño celebraremos o Rastro Solidario 2013, actividade que levamos xa catro anos celebrando con bos resultados, polo que nos parece interesante repetila.

A actividade consiste na organización dun rastro no que se van vender a prezo simbólico, principalmente xoguetes, Cds/DVDs e libros usados. Tamén haberá actividades paralelas para recadar máis fondos: tómbolas, xogos, postres solidarios...

Polo tanto pregámoslle que se está interesado en doar algún xoguete, libro, Cd, DVD, etc o vaia entregando no centro ao titor correspondente. Poñemos o venres 14 de xuño como data límite.

 

San Sadurniño, 27 de maio de 2013

A Directora

 

 



book | by Dr. Radut