Skip to Content

CIRCULAR Nº 13 -2

 

CIRCULAR Nº 13

  • Día das Letras Galegas

Recordamos que o xoves 16 de maio é o segundo dos días escollidos polo centro como día non lectivo. O venres 17 tampouco haberá clase por celebrarse o Día das Letras Galegas.

  • Proxecto de decreto de comedores

Toda a información relativa ao proxecto de decreto de comedores pode ser consultada na páxina web do centro, ou directamente na páxina da consellería:

http://www.edu.xunta.es/web/node/9186

  • Convocatoria de folga o xoves 9

A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a unha xornada de folga no ensino o vindeiro 9 de Maio.

Non é posible determinar o número de profesores que secundarán a folga. O centro permanecerá aberto no seu horario habitual. Os servizos mínimos decretados pola administración estarán formados por unha persoa de dirección, o conserxe, unha persoa de cociña e a coidadora.

No caso do alumnado de infantil e primaria os titores informarán con máis exactitude.

San Sadurniño, 7 de maio de 2013

A Dirección

Nas reunións celebradas o venres 26 de abril de 2013 o claustro e o consello escolar do centro acordaron apoiar as diferentes medidas de protesta organizadas pola ANPA así como, o seguinte escrito de protesta en contra do proxecto de decreto de comedores:

O claustro e o consello escolar do CPI San Sadurniño manifestan o seu rexeitamento ao proxecto de comedor onde se desvincula a gratuidade do servizo ao feito de ser usuario do transporte escolar polos seguintes motivos:

-Un alumno non pode ser obrigado a pagar un servizo complementario necesario para a súa escolarización. Nas zonas rurais os alumnos transportados a longas distancias non teñen garantida a súa escolarización sen o acceso aos servizos complementarios.

-A cambiante situación económica actual dificulta o establecemento do baremo ao longo polo menos dun curso escolar.

-Non establece que medidas tomarán as direccións dos centros cos alumnos transportados que manifesten o seu desexo de non utilizar o servizo de comedor.

 



book | by Dr. Radut