Skip to Content

UNHA ÓPERA NA ESCOLA

    Os alumnos de 5º de primaria formaron unha Compañía teatral chamada Pegadas Musicais. A Compañía produce e representará unha Ópera orixinal chamada “Segredo no Faro”. É unha Ópera/Musical de trinta minutos, que se representará os días 6 e 7 de xuño na Casa da Cultura de San Sadurniño e o día 11 de xuño no teatro Jofre de Ferrol.  A entrada será de balde.
    A Compañía formouse facendo audicións para varios traballos necesarios para unha montaxe dunha Ópera/Musical. Estes traballos son: Relacións Públicas, Vestiario e Caracterización, Iluminadores, Escenógrafos, Escritores, Compositores, Intérpretes, Documentalistas, Directora de escena e Director de produción. O noso colexio forma parte do proxecto “Lova la Ópera, un vehículo de aprendizaje” apoiado pola fundación SaludArte e o Teatro Real de Madrid. Énchenos de orgullo formar parte deste proxecto, e sentimos que esta tarefa proporciónanos habilidades esenciais para o noso futuro.
    O proxecto foi posible grazas á colaboración da Consellería de Educación, cunha subvención dentro dos Contrato-Programa; ao Concello de San Sadurniño, que nos cede o uso da Casa da Cultura; ao Concello de Ferrol, que nos concedeu a utilización do Teatro Jofre; a diversos comercios e empresas do noso Concello e a moitos colaboradores que nos ensinaron aspectos relacionados coas profesións que desempeñamos dentro da compañía.

     Para saber máis novas deste proxecto podedes visitar o blog de Pegadas Musicais, premendo na seguinte imaxe:

 

      Premendo nos seguintes enlaces teredes acceso ás páxinas dos xornais onde aparecen novas sobre o noso proxecto:

DIARIO DE FERROL : O CPI da localidade converte as súas aulas en bastidores dunha ópera

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/san-sadurnino-cpi-da-localidade-converte-suas-aulas-bastidores-dunha-opera/20140518022115086198.html

FERROL360: El lado musical del CPI San Sadurniño: los alumnos elaboran una ópera desde cero

http://www.ferrol360.es/el-lado-musical-del-cpi-san-sadurnino-los-alumnos-elaboran-una-opera-desde-cero/

EL PAÍS-GALICIA: Clases de ópera para la vida

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/26/galicia/1401124797_643852.html

 



story | by Dr. Radut