Skip to Content

ECOS DE PRENSA

Durante estes últimos días o colexio viu recompensado o seu esforzo en varios proxectos que está a levar a cabo co alumnado. Compre salientar o eco que se fixo a prensa da nosa participación en GALICIENCIA 2014.

Xa o mércores o DIARIO DE FERROL resumía a participación dos centros de FERROLTERRA no evento

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/ciencia-innovacion-aulas/20141118222940107289.html

O xoves 20, en CÓDIGO CERO saían os nosos rapaces de primaria co seu proxecto de xabón 

http://www.codigocero.com/O-sustentabel-e-o-ecoloxico

E xa este domingo 23, no mesmo DIARIO DE FERROL tivemos o honor de saír en portada ao sernos concedido o terceiro premio na categoría de 2º ciclo de ESO pola nosa investigación sobre o BIODIESEL. Só compre facer unha rectificación importante. Na redacción da noticia hai un lapsus salientable porque da como autores do traballo sobre o biodiesel aos alumnos CARLOS MARTÍNEZ E DAVID SANTOS, cando en realidade eles dous foron os escollidos (por motivos de organización só deixaban levar dous) entre o grupo de 12 alumnos que realizaron o traballo completo o ano pasado. Así que noraboa tamén a JUAN CARBALLEIRA, ADRIÁN FONTICOBA, ANTÓN PÉREZ, BIEITO BECEIRO, NEREA ANEIROS, NAZARET BALADO, CARLA CIBREIRO, SILVIA FERNÁNDEZ, VERÓNICA PENA E MARTA RIVAS.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/proyectos-cpi-san-sadurnino-y-ies-ortigueira-terceros-feria-galiciencia/20141122220144107678.html

 



page | by Dr. Radut