Skip to Content

Escolares

Polos recunchos creativos...

Dálle a volta ao conto: Continuación

O alumnado da ESO quere darlle continuidade á actividade iniciada no primeiro trimestre en infantil e primaria co nome "Dálle a volta ao conto" proposta dende a Biblioteca, sorprendéndonos co Xogo programado- OS ESTEREOTIPOS NOS CONTOS.

Traballo feito para expoñer no colexio o día 8 de marzo, Día Internacional da muller, e así concienciar sobre os estereotipos nos contos e seguer avanzando na educación para a igualdade. Clica aquí e poderás acceder á explicación e imaxes da actividade.

 

Impresora 3D

O alumnado da ESO imprimiu pezas en plástico PLA biodegradable.

Clica  aquí e terás acceso a todo o proceso.

 

Máquinas programadas con Arduino

O alumnado de 4º ESO, aproveitando recursos doutros anos, chegou a

contruir as súas propias máquinas. Pincha no enlace anterior par ver o

seu traballo.


 

BAILANDO E RECITANDO ARREDOR DO MAIO E DAS LETRAS

As materias de Educación Física, Oratoria e Lingua Galega sumaron esforzos para unha xornada na que o noso baile e a nosa lingua camiñaron da man.

A ritmo de muiñeira profesorado e alumnado da ESO danzaron e recitaron coplas de creación propia, de autores galegos/as e ata lembraron a Fernández del Riego.

Agradecemento especial a “Airiños da freba” por compartir a súa música.

  

O EDLG xunto co Equipo da biblioteca do CPI capitanearon a iniciativa tras incentivar a preparación do baile en EF e o traballo en Oratoria e Lingua galega de preparación dos textos para ler e coplas a recitar.

Tamén contamos coa actuación do grupo de música tradicional formado  

por alumnado do centro: “Ferreñas club”.

Neste vídeo podedes ver como foi o baile

 

FALADOIRO e Obradoiro con Siro

Venres 12 maio... xa poñendo o rumbo cara  ao día das letras...  na casa da cultura de San Sadurniño... xuntámonos para un FALADOIRO.

Un encontro interxeneracional no que se deron cita aventuras de onte, historias de hoxe, contos, palabras esquecidas...

Nel, maiores de distintas parroquias do Concello, alumnado da Eso   e de Primaria e usuarios do centro de día falaron, compartiron,  escoitaron.. e conseguiron que emoción e lingua camiñasen da man.

 

Algunhas imaxes do entroido no noso centro

Premendo na imaxe podedes ver algunhas fotos do entroido en secundaria.

 

Eva Mejuto presenta o seu libro:Memoria do Silencio a 3° e 4° da ESO

Hoxe visitounos @evamejuto  para falar do seu libro , Memoria do Silencio, axudounos a a entender unha época complicada, e a coñecer a unas mulleres enormes, As Irmans Touza, esquecidas durante 80 anos e que fixeron unha laboura inmensa na axuda a refugiados xudeus durante a II Guerra Mundial, a pasar por Ribadavia, a Portugal. Encantounos.

 

 

Visita ao CIS Tecnoloxía e deseño de Ferrol

O venres 11 todo alumnado que cursa a materia de Tecnoloxía acudiu ao espectáculo " O futuro é hoxe" de unha hora de duración.  Non faltaron participantes, como vemos nas fotos, para descubrir a importancia das novas tecnoloxías e o deseño na nosa vida cotiá e o que implicarán estes campos no futuro máis próximo: Control de dispositivos mediante ondas cerebrais, realidade aumentada, mixta e virtual, o uso que se fai dos nosos datos na rede, a roupa intelixente,... son algúns dos temas que se explicaron.

 

 

Acto de fin de curso 4º ESO e entrega de premios e diplomas 2014

Dalle á foto para ver as imaxes....

Entrega de premios e diplomas

Ses

Fotos animadas...

Día da Paz

30/01/2012 12:20
30/01/2012 14:00
Etc/GMT+1

Celebración do día da Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut