DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA.

Estimadas familias:

Informámosvos de que con data 13 de novembro foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

O alumnado do noso centro que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá as máscaras de xeito directo, polo que non terá que formalizar ningunha solicitude.

Tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras o resto do alumnado se reúne algún dos seguintes requisitos:

- ter renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros;

- estar matriculado en Educación especial;

- estar suxeito a garda ou tutela da Xunta de Galicia;

- ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Nestes casos, a familia do alumno/a debe tramitar a correspondente solicitude, presentando no centro os Anexos cubertos, en horario de 09.45h a 12.00h e de 13.30h a 14.00h. O prazo de presentación permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o venres 27 de novembro.

Manterémosvos informados/as sobre o procedemento de reparto de máscaras.

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

Powered by Drupal - Design by artinet