ESCOLA DE FAMILIAS

11/17/2023 16:31
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía.

Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional.

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica.

Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono  do centro escolar.

cpi.santa.lucia@edu.xunta.gal

Teléfono:886159528

AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante.

O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA


Organiza: CPI Plurilingüe Santa Lucía e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.

Powered by Drupal - Design by artinet