Sesión formativa en liña sobre seguridade e protección de datos persoais

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) impartirá o próximo martes, 23 de xaneiro, unha sesión formativa en liña sobre seguridade e protección de datos persoais.

Trátase dunha sesión formativa gratuíta dirixida a toda a comunidade educativa en xeral, dada a gran cantidade de datos persoais que se manexan, onde un mal uso dos mesmos ou un descoido pode provocar brechas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade.
 
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

Máis información e o programa completo:

 

Powered by Drupal - Design by artinet