Educación física e deportiva

Saída de 5º EI pola contorna máis próxima

A aula de 5º de Educación Infantil fixemos unha saída polo entorno próximo de recoñecemento da paisaxe no outono. Levabamos unha tarxeta onde tiñamos identificadas especies naturais, tanto animais coma vexetais que podiamos atopar, e fomos marcando aquelas que fomos observando. Tamén levamos un libro de consulta, para buscar o nome de posibles cousas que atopabamos e non sabíamos que eran exactamente.

Álbum: Sen categoría -> 5º EI

Merendas Saudables

Somos conscientes de que unha dieta saudable é un piar fundamental para unha boa saúde. Por iso as prácticas educativas van encamiñadas a concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios.

O noso alumnado no recreo podía coller froita fresca cada día, e na etapa de Educación Infantil e en 1º e 2º de Educación Primaria elaboraron uns calendarios de merendas saudables para os recreos.

Álbum: Sen categoría -> Merendas Saudables

Confinamento

Neste terceiro trimestre dada a situación de confinamento creada pola pandemis do COVID-19 en EF quixemos fomentar e motivar ao noso alumnado para a realización de actividade física dentro da casa ou en espazos reducidos como xardíns, patios ou fincas dando así continuidade ao noso proxecto PDC-Xogade "Always Active in MOraña".

O obxectivo principal era conseguir mellorar a vida activa e saudable e que o alumnado afrontara as actividades propostas como algo lúdico e voluntario, e plantexámolas como actividades para momentos de dispersión e de entretenimento cos familiares. As actividades estaban vinculados ao acondicionamento físico, xogos, baile e a expresión corporal. Tiñamos 8 apartados que eran:

1.- PAUTAS XERAIS: Danse unhas pautas en relación coa importacia de manter dentro da casa unha actividade física constante e alimentación variada.

2.-QUECEMENTOS: Nocións básicas para realizar quecementos en espazos reducidos.

3.-A XOGAR: Explícanse xogos para realizar en espazos reducidos.

4.-SUPÉRATE A TI MESMO/A: Son RETOS con actividade física propostos polos profesores.

5.-COMPAÑEIROS ACTIVOS: Cada alumno/a proón retos e os seus compañeiros intentan facelos e comparten os vídeos dos xogos, retos, actividades físicas...pasando por un proceso de edición para facelos máis motivantes e atractivos.

6.-EU QUEDO NA CASSA: Iniciativa que xorde dun vídeo dunha alumna onde cunha canción do confinamento teñen que realizar unha pequena coreografía elaborándose unha montaxe final con partes de todos os vídeos recibidos.

7.-HAPPY ROCK: Creación dunha canción e un videoclip tendo como base a canción "We will rock you" do grupo Queen.

8.-ZUMBA TIME: Clases de zumba explicadas mediante vídeos para aprender unha coreografía sinxela.

9.-OPERACIÓN CUARENTENA: Proponse ao alumnado un enlace web con múltiples recursos con actividades físicas, xogos, bailes para que realicen ao longo do confinamento (tanto no interior coma no exterior).

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

Álbum: Sen categoría -> Confinamento

Orientación

O martes 18 de febreiro o alumnado de 1º de ESO de "Afondamento da Educación Física" e todo o alumnado de 2º de ESO participaron na carreira Zonal de ORIENTACIÓN DEPORTIVA que se celebrou nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, organizado polo Servizo Provincial de Deportes. Esta actividade forma parte do plan "XOGADE" no que o noso centro participa tamén nas modalidades de Campo a Través, Bádminton e Atletismo. Os rapaces e rapazas de Moraña disfrutaron deste deporte en plena natureza e aínda que lles custou completar o percorrido na hora que tiñan para desenvolvelo, traballaron arreo e  deron o mellor deles mesmos en equipo. NORABOA!!!!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Orientación

Primeiros Auxilios Alumnado

O alumnado de secundaria dentro do programa "RCP na aula" no que colabora a Consellería de Educación e Sanidade , estiveron a desenvolver este ano, no mes de xaneiro a unidade de "PRIMEIROS AUXILIOS  E RCP BÁSICA". O material foi cedido para este fin polo Centro de Recursos de Pontevedra. Este xa é o curto curso no que estamos a traballar con el con grande aproveitamento por parte do noso alumnado e esperamos continuar nesta liña.

En Educación Primaria os alumn@s tamén tiveron unha formación básica en Primeiros Auxilios.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Primeiros Auxilios Alumnado

Recreos Inclusivos

Estamos dotando o marabilloso entorno que temos no noso colexio con elementos naturais como troncos, mesas e bancadas para desfrutar nos recreos e favorecer o xogo inclusivo e recreos colaborativos. Que ben o pasamos todos xuntos!!!!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Recreos inclusivos

EXAMES SETEMBRO EDUCACIÓN FÍSICA

 

ALUMNOS PENDENTES EN EDUCACIÓN FÍSICA PARA A CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2015

 

CURSO

NOME E APELIDOS

CONVOCATORIA DE SETEMBRO

1º A

Manuela Barreiro

Libreta 3ª avaliación

Cristian Montes

Libreta de todo o curso

Jessica Piñeiro

Libreta de todo o curso

1ºB

Fátima Búa

Exame teórico

Sofía Duque

Libreta de todo o curso

José Alejandro Pérez

Libreta de todo o curso

Denis Shtypalli

Libreta de todo o curso + exame práctico

2ºA

Andrea Márquez

Libreta 3ª avaliación

Paula Núñez

Libreta de todo o curso + exame práctico

2ºB

Nico Novás

Libreta de todo o curso

David Remiseiro

Libreta de todo o curso

3ºB

Zaida Novás

Libreta 3ª avaliación

4ºB

Jonathan Torres

Libreta de todo o curso

4ºPDC

Tania García

Exame teórico 1ª, 2ª, 3ª avaliación

 

José Rivas Viéitez

Exame teórico 1ª, 2ª e 3ª avaliacións

 



 

PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

 

CURSO

NOME E APELIDOS

CONVOCATORIA DE SETEMBRO

Fátima Diz Cabanelas (2ºA)

Exame teórico

Tania García Paz

Exame teórico

 



 



 

Os alumnos que na parte teórica non presenten a libreta, ou a entreguen sen facer, terán que realizar un exame teórico dos contidos de todo o curso, con independencia de que só estea pendente unha avaliación.

 

Con respecto ao exame práctico, os alumnos/-as que o teñan que realizar, deberán traer OBRIGATORIAMENTE roupa e calzado deportivo. O feito de non traer o material, implica que non se presentan ao exame. Se non poden realizar o exame práctico por razóns médicas, será IMPRESCINDIBLE a presentación dun INFORME MÉDICO que acredite a CAUSA que impida a práctica, e o alumno/-a realizará un exame teórico como única forma de avaliación. Non será válida a presentación dunha cita médica ou un xustificante do pai/nai para non realizar o exame práctico, pois é unha proba extraordinaria da convocatoria de setembro.

 

Os exames prácticos serán execucións realizadas durante o curso. Se sacará ao chou un papel cos exercicios a realizar.

 

Vídeos ximnasia

Facendo click aquí poderás ver os vídeos de habilidades ximnásticas, aeróbic e acrosport de 1º, 2º e 3º de ESO

Juegos Olímpicos

Powered by Drupal - Design by artinet