PDC-XOGADE

Ruta Biosaudable

Aproveitando o bo tempo, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria botouse a andar para percorrer parte da ruta biosaudable de Moraña. Recomendámosvos camiñar por esta marabillosa sanda se aínda non o fixestes.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Ruta Biosaudable

Primeiros Auxilios Alumnado

O alumnado de secundaria dentro do programa "RCP na aula" no que colabora a Consellería de Educación e Sanidade , estiveron a desenvolver este ano, no mes de xaneiro a unidade de "PRIMEIROS AUXILIOS  E RCP BÁSICA". O material foi cedido para este fin polo Centro de Recursos de Pontevedra. Este xa é o curto curso no que estamos a traballar con el con grande aproveitamento por parte do noso alumnado e esperamos continuar nesta liña.

En Educación Primaria os alumn@s tamén tiveron unha formación básica en Primeiros Auxilios.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Primeiros Auxilios Alumnado

Recreos Inclusivos

Estamos dotando o marabilloso entorno que temos no noso colexio con elementos naturais como troncos, mesas e bancadas para desfrutar nos recreos e favorecer o xogo inclusivo e recreos colaborativos. Que ben o pasamos todos xuntos!!!!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Recreos inclusivos

Cross escolar zonal de Educación Primaria

O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria fomos A Estrada a participar co programa Xogade no Cross Escolar.

Noraboa a todos e todas por tanto esforzo!!

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Cross escolar zonal EP

Obradoiro práctico de hixiene postural

O día 4 de decembro tivemos no salón de actos do noso colexio a primeira parte dun "Obradoiro práctico de hixiene postural" impartido por fisioterapeutas do SERGAS.

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Obradoiro hixiene postural

Xogos populares e Magosto

O 21 de Novembro celebramos no colexio o Magosto e xogamos a un montón de xogos populares.

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Xogos populares Magosto

Cross escolar zonal na ESO

O 15 de novembro o alumnado de 1º ESO participou no Cross Escolar Zonal en Portas. 

Noraboa a todos e todas polo voso esforzo!!

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Cross escolar zonal 1º ESO

Exhibición de taekwondo

O mércores 2 de Outubro tivemos no patio do colexio unha exhibición de taekwondo da man da campiona Lúa Piñeiro que presetou este deporte como unha das actividades ofertadas pola ANPA.

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Exhibición taekwondo

Patios dinámicos

Todos os martes nos recreos de Educación Primaria faremos xogos inclusivos e cooperativos seguindo as recomendacións de Gey Lagar de Patios Dinámicos.

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Patios dinámicos

Día Europeo do Deporte Escolar

O día 27 de Setembro celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar (ESSD - European School Sport Day - Be Active)

Preme na foto do álbum para ver as imaxes da xornada.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Día europeo deporte escolar

Powered by Drupal - Design by artinet