Skip to Content

FAITE SOCIO/A DA AFA AVANIA!

08/09/2022 17:46
Europe/Madrid

Queres coñecernos, colaborar con nós, participar xunto coa comunidade educativa na construción dunha escola fermosa, inclusiva e innovadora?

A nosa escola é unha escola rural, familiar, aberta, composta por unha ampla comunidade educativa que non só engloba aos pais e/ou nais do alumnado.

A familia é indispensable, avós e avoas, tíos, tías e incluso veciñanza suma e aporta valor educativo... hai tantas variedades de familia!

Por iso decidimos nomearnos asociación de familias de alumnos/as (AFA), porque familias hai moitas de moitos tipos, e nós precisámolas todas.

Para facervos socios/as só tedes que cubrir o formulario que adxuntamos e enviárnolo:

  • por correo electrónico a: afacpisanvicente@gmail.com
  • por correo postal a: AFA Avania, Rúa Tedelle s/n, 15863 A Baña

 

AdxuntoTamaño
afa_avania.pdf136.55 KB


story | by Dr. Radut