Skip to Content

Comedor Escolar, Transporte Escolar

PROGRAMA COME LOCAL: EVENTO FINAL 16 DE XUÑO DE 2024

05/06/2024 12:39
Europe/Madrid

 

A Consellería do medio Rural, promotora da iniciativa Come Local na que participou o noso comedor escolar no curso 2023-2024, convídanos ao Evento Final que terá lugar  o DOMINGO 16 DE XUÑO en Ponteareas, na área recreativa A Freixa, onde haberá un programa de actividades moi completo que contará, entre outras cousas coas seguintes accións:

  • Talleres para nenos e nenas.
  • Mesa redonda sobre a campaña cun cociñeiro/a, un director/a, un representante da Xunta, un produtor e unha das coordinadoras desta iniciativa. 
  • Entrega de tabletas e galardóns aos responsables de cociña/comedor desta edición que consistirá nun diploma, un gorro e un mandil de *Come LocaL*. Todo isto da man da Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia.
  • Comida a cargo dos cociñeiros e cociñeira do CEIP A Paz-Tintureira (Coruxo), CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP A Lomba (Vilagarcía) e CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral).
  • Taller de xeados artesáns e queixo.

A duración será de 10.00 am a 18.00 pm. Ao longo deste tempo tamén haberá postos de produtores alí ubicados, un espazo informativo con propostas de menú para primavera, outono/inverno, ideas para ceas, manual de seguridade alimentaria, base de datos propiedades nutricionais dos alimentos, etiquetado nutricional e narrativo dos produtos con certificado de calidade...

Animádesvos a participar?

Pregamos que as familias interesadas en acudir a este evento remitan un correo-e ao centro (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) co asunto EVENTO COME LOCAL e indicando cantas persoas da familia estçan interesadas en asistir. 

Se formamos un grupo suficiente (unhas 50 persoas), animarémonos a contratar un autobús para que a viaxe resulte máis cómoda e económica para todas e todos. 

n/d

CALDO DE GLORIA NO DÍA DE ROSALÍA

01/03/2024 11:32
Europe/Madrid

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía no comedor escolar degustando un delicioso caldo de gloria. 

Antes da degustación o alumnado leu o poema Miña casiña, meu lar, que ilustraba os manteis individuais cedidos pola Fundación Rosalía de Castro

IDEAS PARA AS CEAS: PROGRAMA COME LOCAL

29/02/2024 11:29
Europe/Madrid

Se queredes ideas orixinais e saudables para as ceas dos vosos pequenos e pequenas, o programa Come Local volas proporciona no documento que acompaña esta publicación. Risa

QUE RICAS ESTABAN A TENREIRA E A PATACA DE GALICIA!

07/02/2024 18:53
Europe/Madrid

Hoxe o alumnado de Infantil, Primaria e ESO degustou de novo os deliciosos produtos que nos proporcionan dende o programa Come Local. 

A coidada e agarimosa preparación da tenreira galega e a pataca de Galicia da man de María e Pilar fixeron chuparse os dedos a todos os nosos esixentes comensais. 

 

 

PROGRAMA COME LOCAL: PRIMEIRA DEGUSTACIÓN

15/01/2024 21:23
Europe/Madrid

O noso comedor escolar participa na IV edición da campaña Come Local impulsada pola Xunta de Galicia.

Esta campaña proporciona ás persoas responsables de cociña e comedor escolar recibir formación en nutrición e en produtos de proximidade, 5 dos cales os nosos comensais terán o pracer de degustar.  

O pasado mércores 10 de xaneiro, tivo lugar a primeira degustación no noso comedor: unha deliciosa tarta de Santiago, cuxa información nutricional podedes coñecer a través da ficha adxunta. 

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

04/07/2023 10:47
Europe/Madrid

Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024. 

Poderán desenvolver esta tarefa: 

  • nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2023-2024 estudos no centro docente respectivo. Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos.

Autodeclaración comedor escolar curso 2023-2024

04/07/2023 09:46
Europe/Madrid

Xa está a disposición das familias o impreso de autodeclaración para o comedor escolar. 

Nos arquivos adxuntos tedes as instrucións de comedor para o curso 23-24, o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor. 

 

LUNS 10 DE OUTUBRO: COMEZA RUTA 6 REMODELADA

06/10/2022 16:26
Europe/Madrid

Despois de un estudio detallado da mellor e máis segura distribución das paradas da ruta 6 en colaboración coas familias usuarias da mesma, a empresa Monbús pon en funcionamento a ruta 6 remodelada a partir do luns 10 de outubro. 

A hora de saída da primeira parada será ás 8:35, tal e como estaba fixada inicialmente. 

No documento adxunto tedes a distribución das paradas no percorrido de entrada e saída. 

Distribuir contido


by Dr. Radut