Skip to Content

Blog da biblioteca

ANDAINA FOTOGRÁFICA

16/02/2019 19:12
Europe/Madrid

Nesta fermosa mañá de sábado, un grupiño de rapaces e rapazas, profes, familias, amigos e veciñanza do cole da Baña percorreu a Ruta do Patrimonio de Lañas, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto Facendo Escola, para coñecer o patrimonio cultural desta parroquia. Entre charlas e fotografías, camiñamos os 9 km da ruta e descubrimos fermosos tesouros de arquitectura popular e tamén do patrimonio arqueolóxico do noso concello.

As fotos que os nosos amigos e amigas camiñantes realizaron nesta andaina serán expostas nos panéis dos corredores do noso cole, dentro do concurso de fotografía Memoria en Construción.

Tedes ata o 22 de febreiro para enviarnos as vosas fotos, bulide!!!

Aquí tedes a foto final do grupo, despois do percorrido.

Grazas a todos por participar nesta iniciativa e esperámosvos no curso que ven.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS...

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: SOFÍA GARCÍA

14/02/2019 13:36
Europe/Madrid

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: PABLO BLANCO

07/02/2019 13:11
Europe/Madrid

Hoxe comezamos a andaina dos nosos Xoves Expertos na Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión Pablo Blanco, alumno de 5º de EP, falou ante un público atento, do seu instrumento, o saxofón, e tamén nos deleitou coa interpretación dun par de pezas co seu instrumento.

Clicando na foto terás a ligazón á galería de fotos.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

29/01/2019 17:52
Europe/Madrid

Continuando co proxecto de recuperación do Patrimonio Cultural Material e Inmaterial do noso Concello, a Biblioteca Escolar convoca o Concurso de Fotografía sobre patrimonio Memoria en Construción

cartel concurso foto patrimonio

Aquí podedes consultar as bases para participar:

bases concurso foto

E no arquivo adxunto tedes a ficha informativa que debe acompañar cada unha das vosas fotografías.

Animádevos a participar e axudádenos a elaborar o noso mapa do patrimonio!!

ENCONTRO VIRTUAL CON LEDICIA COSTAS

02/05/2018 11:30
Europe/Madrid

O pasado venres, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro virtual coa escritora galega Ledicia Costas, clicando na imaxe podedes acceder á crónica e ás fotos do encontro publicadas no Blog da Biblioteca Escolar.

 

A señorita Bublle

 

ENCONTRO CON FRAN JARABA

19/01/2015 10:56
Europe/Madrid

FRAN JARABA COA DIRECTIVA

O pasado xoves 15 de xaneiro os alumnos de ESO tiveron un encontro co autor e ilustrador Fran Jaraba, antiguo compañeiro do centro.

Podedes ler a crónica da súa visita no blog da nosa Biblioteca.

O blog da nosa biblioteca premio PLANETA LECTOR no III Certame Espiral Edublogs


Logo gañador Planetalector 2009


ARS LEGENDI, o blog da nos biblioteca, ven de ser galardoado co premio Planetalector no III Premio Espiral Edublogs que organiza a Asociación Espiral, Educación y Tecnología.


De entre máis de 400 blogs presentados de toda a península e Iberoamérica Ars Legendi foi seleccionado como mellor blog de fomento da lectura en Educación Primaria.


Os premios serán entregados o próximo 6 de xunio no Caixa Fórum de Madrid e alí acudirán orgullosas as representantes do noso centro xunto coas de outra biblioteca galega galardoada, a do IES Río Cabe de Monforte de Lemos co seu blog Bibliocabe.

Distribuir contido


by Dr. Radut