Escolares

UN PLANETARIO DENTRO DO COLE

E a ciencia chegou a Pedrafita grazas a Teresa Seijas e o seu amor pola ciencia e por facela chegar aos rapaces e rapazas dende as idades máis temperás a través do seu proxecto Ciencia Kids, nesta ocasión cun hinchable en forma de Planetario.

APRENDEMOS A USAR O DESA E A FACER RCP

Hoxe tivemos no cole a visita de Miguel Cons da Universidade de Vigo que se acercou a Pedrafita para explicarnos a profes e a alumnos e alumnas de todos os cursos o funcionamento dos DESA ou desfibriladores así como os pasos para realizar a RCP en adultos e nenos/as. Con toda a paciencia do mundo explicounos moitísimas nocións de primeiros auxilios: a importancia da consigna PAS (Protexer-Alertar-Socorrer), o teléfono de emerxencias, as maniobras a realizar ante atragantamentos, que facer ante as hemorraxias, con que debemos contar nos botiquíns dos centros escolares, etc.

A CANCIÓN DO SOL CONTADA POR ESTEFANÍA PADULLÉS

Hoxe no cole tivemos a Estefanía Padullés, escritora, ilustradora e contacontos que nos foi contando o seu libro "A canción do sol" ao tempo que debuxaba o que vai pasando na historia. Que ben debuxa e canto participamos!

VISITA AO CONCELLO DE PEDRAFITA

Parte de nós estamos traballando a localidade e, concretamente o goberno da localidade; polo que atopamos o pretexto perfecto para baixar ao Concello de Pedrafita e coñecer de primeira man como é o seu goberno.

SEGUIMOS AMPLIANDO ALTERNATIVAS: CHARLA DA UDC PARA 3º E 4º ESO

Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO,  contaron no centro coa visita de Laura, pedagoga do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE)

Distribuir contido