ESO 4º curso

ENGLISH WEEK EN "OS PEARES"


Este é un pequeno resumo en imaxes de toda unha intensa semana de actividades nas que participou Xiana de 4º de ESO acompañada polo profe de Tecnoloxía Julián. Dende o 17 ao 23 de novembro o noso centro foi seleccionad,o xunto con outros pouquiños dos moitos solicitantes de toda Galicia, para a English Week que se desenvolveu en Os Peares como actividade de inmersión lingüística.

HILORAMA DE ANA DE 4º ESO

Así de chula quedou a entrada do centro grazas a Ana de 4º de ESO, que nas clases de Tecnoloxía fabricou este precioso hilorama cunha frase do poeta Uxío Novoneira. Anita, moito maña tiveches coas puntas... Parabens!

PROXECTO DE 4º DE ESO EN TECNOLOXÍA: CONSTRUCCIÓN DUNHA CASA CON SISTEMA DE ILUMINACIÓN

Uxía, Ana e Miguel na clase de Tecnoloxía coa axuda de Lauren, a Auxiliar de conversa do centro, construíron unha maqueta dunha casa co sistema de iluminación e todo! Quedou tan chulo que Ana, a profe de Tecnoloxía, tivo que explicarlles aos nenos e nenas de Infantil o seu funcionamento.

Distribuir contido