4º-6º Educación Primaria

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL SOBRE A ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS E OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS


Dentro do Plan Director da Garda Civil que este ano foi por videoconferencia debido ás restriccións, tivemos no cole ao Ramón "virtual" de cada ano para falarnos das adiccións que en moitos e moitas rapaces provoca a tecnoloxía, sobre os riscos que asumimos co uso de internet: grooming, seguridade da nosa información bancaria. etc.

SEGUNDA SESIÓN DE ENTREVISTAS DE CIENCIA NA ESCOLA

Os rapaces e rapazas de 4º a 6º de primaria entrevistaron a Laura  sobre as plantas. Laura respondeu a todas elas e fíxolles varios experimentos para explicar algunha das cuestións dun xeito máis práctico e visual.

Programa de radio: Ponte nas Ondas 2

Aquí vos deixo»

XOGADE PARA PRIMARIA: LAURA, UXÍA E O BADMINTON


E hoxe 19 de novembro tocounos o turno ás rapazas de 5º e 6º de Primaria que acudimos co profe Benjamín a Cervantes para o XOGADE dos centros da montaña para demostrar as nosas habilidades co badminton e chegamos con trofeo incluído, despois de ter que eliminarnos entre nós en semifinais. O mellor foi compartir un rato cos compis doutros coles e o ben que o pasamos dándolle as raquetas!

Distribuir contido