Skip to Content

contador gratis para blog

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

CLUB DE LECTURA: SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 21 de marzo as alumnas e alumnos integrantes do club de lectura acompañados da coordinadora realizamos unha viaxe cultural a Santiago de Compostela.

Pola mañá percorremos acompañados dun guía o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), visita moi instrutiva que nos permitiu ver a evolución do mundo do ensino no último século. Contemplamos as reproducións exactas de diferentes aulas: a da Restauración, da República, do Franquismo, a escola de indianos e mesmo unha escola doferrado. Sentamos nos pupitres que ben puidesen ser dos nosos avós, escribimos nunhapizarraindividual e comprobamos como eran os libros, cadernos, tinteiros e plumas que antano se utilizaban.

Despois do xantar fomos ao Museo do Pobo Galego onde tiñamos concertada unha visita guiada ás salas de exposición permanente relacionadas coa música. Puidemos coñecer como a música nos acompaña sempre: nas diferentes etapas da vida humana, desde o berce ata a morte; nos traballos e no lecer; nas ledicias e nos pesares. Comprobamos como a creatividade humana foi capaz de producir música con instrumentos moi sinxelos e humildes e como os foi perfeccionando ata elaborar os máis sofisticados.

Visitamos tamén o Panteón de Galegos Ilustres , a Catedral, e paseamos pola alameda e as rúas de Santiago. Hai que dicir que o tempo foi bo e non choveu, algo insólito nun lugar como Santiago.

https://plus.google.com/photos/109992637361574276605/albums/586332172225...

IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional

O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Saleta organiza as IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional. Están convidados a asistir todo o alumnado da ESO e as súas familias. Terán lugar os vindeiros 9 e 10 de abril a partires das 15:30 na aula de música do CPI. A xornada do día 9 tratará sobre Formación Profesional e Mundo Laboral e contará coa participación dos seguintes relatores: D. José Manuel Torres González, propietario da funeraria Saleta e Seguros Mapfre; D.  Marcos Mosquera Otero, técnico Superior en Imaxe e Son e reporteiro da Sexta “España en directo”; Dna. Estefanía Hermida Hermida, CS Administrativo e actualmente estudante de Empresariais, exalumna do CPI Virxe da Saleta; Juan Manuel Muñoz Vázquez, cociñeiro do restaurante Ateneo e D. Diego Vázquez González, técnico en electromecánica do vehículo e propietario do taller Dilux.

A segunda xornada céntrase no Bacharelato e Universidade e nela participarán: Dna. Fátima Fernández Fernández, licenciada en Xornalismo e exalumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Lucía Rodríguez Rodríguez, Licenciada en Farmacia e Exalumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Maite Fernández Pérez, Diplomada en Traballo Social e Traballadora Social do Concello de Piñor; Dna. Lucía Formoso Ojea, Diplomada en Logopedia e Máster en intervención logopédica na infancia e na adolescencia, traballadora da unidade de atención temperá da comarca do Deza; D. Francisco Otero Janeiro, Licenciado en Arquitectura e Profesor de Educación Secundaria da especialidade de dibuxo no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín; D. Antonio Nogueira Meije, Licenciado en Filoloxía clásica e Profesor Titular da Academia Postal e Dna. Anna Bosak, Licenciada en Español e Ciencias Políticas e Lectora de inglés no CPI Virxe da Saleta.

Adiviñas e refráns das froitas

Obradoiro de costura en 2º ESO

Neste ano académico iniciamos esta actividade no 2º curso da ESO. A idea proporcionouna a profesora de tecnoloxía e, sen pensar moito, dado que neste curso os alumnos non teñen plástica, decidín comezar esta aventura sen coñecer que resultado daría e se funcionaría, pois é o grupo máis numeroso que temos hoxe, ademais de moi diverso.

O primeiro foi idear como facelo atractivo, fácil e, á vez, útil para a vida, pois iso de subir un baixo ou coser un botón cómpre en calquera momento, e non é cousa de tirar unha peza de roupa por estes pequenos incidentes que se nos presentan, ás veces no momento máis inoportuno.

Empezamos, pois, por mercar tea de estopa, agullas de la, das que parecen estadullos, e mesmamente la de cores; tamén merquei fío de dalia de cores variadas. Cortei anaquiños de tamaño folio e empezamos a faena, ganduxando a tea para que non esfiañara. Despois marcamos un debuxo e cosémolo con punto de máquina e, voilá, quedou bastante ben; algúns regularciños, pero o segundo xa foi moito mellor. Entón era cuestión de ir afinando algo a tea, encollendo as agullas e o fío e ós máis hábiles irlles cambiando o punto, e agora xa están facendo uns traballos de ole.

Os botóns aínda non os cosemos, porque as primeiras agullas eran tan grandes que non entraban no burato, pero agora xa si e en calquera momento poñémonos a iso.

A miña valoración é moi positiva e a deles, segundo o que me contan, tamén. Mesmo os doutros cursos din: ¡que ben o pasan cosendo!

Deixo tamén a testemuña gráfica do que fan mentres cosen: xúntanse en grupos e falan das súas cousas.

Trini (Titora de 2º de ESO).

Conto Contigo - A Galiña Roxa

Velaquí un primeiro exemplo do proxecto CONTO CONTIGO. Alumnado da ESO que, no marco dunha unidade didáctica que desenvolve as Competencias Básicas, realizan unha lectra dramatizada para o alumnado de Educación Infantil do centro. Trátase da Galiña Roxa, conto editado por Kalandraka, que Andrea, Alba, Carlota e Yuli poñen en escena utilizando recursos teatrais e poñendo en práctica a súa Competencia Lingüística diante dun público ben esixente. A actividade levouse a cabo o día da muller, 8 de marzo de 2013. O conto foi escollido por contar a historia dunha galiña traballadora e ao mesmo tempo nai, que se esforza por levar adiante as súas tarefas a pesares da pouca colaboración dos outros animais.

Cien-Cea

CIEN-CEA

Aquí tedes o blog de aula de Bioloxía e Ciencias Naturais onde o alumnado de ESO e a profesora Conchi publican os seus artigos. Atoparedes todo tipo de información sobre traballos escolares e contidos que amplían información sobre o traballado na aula.

Gozando das froitas

Neste curso escolar 2012/13 os nenos/as de educación infantil están a disfrutar do Plan de Consumo de Froitas na Escola. Aproveitando esta actividade xurde a idea de participar no Plan Proxecta, desenvolvendo o proxecto: DISTRIBUCIÓN DE FROITAS AOS CENTROS ESCOLARES.
O obxectivo é concienciar ós nosos alumnos/as sobre os beneficios saudables das froitas na nosa alimentación. Tendo en conta este obxectivo estanse a realizar durante o curso diferentes actividades relacionadas con: O coñecemento das diferentes froitas, a importancia das froitas para unha alimentación saudable e unha vida sá e o fomento do consumo das diferentes froitas e a recompensa polo mesmo.

Ata o momento desenvolvéronse as seguintes actividades: Ambientación das aulas de infantil con diferentes froitas; comedor:O rincón de infantil adornamolo con froitas e normas dos bos hábitos a hora de comer (non fales  alto no comedor para que te escoiten mellor); degustación de froitos secos e carnosos da tempada; plantación de árbores autóctonas (castiñeiro, carballo, amendoeira, abeleira, nogueira). Despois de dar a coñecer as froitas de outono fixemos plantación no patio do colexio; caderno viaxeiro de adiviñas e refráns de froitas, implicando ás familias no proxecto.

Novos suxeitalibros para a biblioteca

O pasado trimestre, os alumnos de segundo de ESO de Tecnoloxía traballaron o tema da madeira, e como práctica, algúns deles  fixeron uns bonitos suxeitalibros para a biblioteca. Outros decidiron construir outros obxectos, como unha caseta para paxaros, unha casiña para a coballa , e incluso caixas para altofalantes. 

En todos os casos, encargáronse do deseño, construción e acabado. Aquí podedes ver algunhas fotos do seu traballo. SON UNS ARTISTAS!

Conto Contigo

 

Trátase dun proxecto piloto para o curso 2012-2013 proposto polo seminario “As compentencias básicas como eixo vertebrador do proceso comunicativo”.
Os alumnos de educación secundaria, preferentemente de 2º ESO de forma voluntaria farán unha lectura dramatizada de contos aos alumnos de infantil e primaria.
Durante 15-20 minutos lerán contos en galego e castelán. A actividade levarase a cabo os mércores, xoves ou venres de 16:00 a 16-30 horas, durante o recreo de mediodía dos alumnos de secundaria e coincidindo coa hora de ler dos de infantil e primaria unha vez ao mes, coincidindo con algunha celebración escolar.
O calendario é o seguinte: 
Xoves 14 febreiro San Valentín    Conto contigo para o amor Literatura de temática amorosa
(cartas, poemas, contos...)
Venres 8 de marzo Día da muller Conto contigo para a igualdade Contos para a igualdade
Mércores 24 de abril Semana do día do libro Conto contigo para ler Clásicos universais
Xoves 16 de maio Día das letras galegas     O galego conta contigo    Clásicos galegos
5 de xuño Día do medio ambiente O planeta conta contigo Contos de temática ambiental

Concurso: Adiviña o timbre escolar

CONCURSO: ADIVIÑA O TIMBRE ESCOLAR
- NOME DO AUTOR
- NOME DO INTÉRPRETE
- TÍTULO DA OBRA

Escribe aquí as respostas, deposítaas na furna da entrada do centro ou mándaas a ticscea@gmail.com cos teus datos persoais. A finais de febrero sortearemos 3 CDs entre todos os que acerten cada unha das preguntas.

Distribuir contido


by Dr. Radut