Skip to Content

contador gratis para blog

Novo equipo de redacción

Este ano os alumnos de 4º de ESO de Cultura Clásica e de Informática comparten aula…. e  van compartir tamén traballo.

Nunha das aulas de informática do centro, teñen as clases de Informática e de Cultura Clásica á vez,   sí, sí,… á vez… e porque non??  Así todos poden utilizar os equipos informáticos. Deste xeito, coinciden no tempo en no espazo o Imperio Romano,  Sócrates, Edipo e Safo con microprocesadores, software libre, drivers e códigos HTML… demostrando que a convivencia é sempre posible, e ademais pode ser moi enriquecedora.

Aproveitando esta circunstancia, exercerán de equipo de redacción para a páxina web do colexio. A partir de agora, encargaranse de manternos  informados a todos das actividades que se celebren, escribindo pequenas crónicas ao respecto. Ademais, contarán coa  axuda da profe Paquita - gran coñecedora na nosa lingua e moi hábil acomodando palabras -  e coa profe Maite, que malo será que non lles bote unha man cando os ordenadores ou Internet (ou ambos) se poñan rebeldes.

Pois alá imos, agardamos que vos guste o seu traballo!!!

 

O día máis doce do ano

Comimos moitos doces: galletas, turrón... e moitas lambetadas. Sacamos unhas cantas fotos. E todos comimos piruletas e moitas cousas porque celebramos o 12 do 12 do 12. Hai que disfrutar este día porque nunca máis vai volver pasar. Feliz día dos doces. (texto colectivo elaborado polo alumnado de 2º de Primaria)

Novo mural no comedor

Estreamos mural no comedor escolar, coas froitas como protagonistas e con el queremos motivar ao alumnado ao cumprimento das normas de convivencia neste espazo escolar: comer un menú saudable e variado, manter un ton de voz baixo cando estamos sentados á mesa, usar correctamente os cubertos, pedir por favor as cousas... Son só algúns dos útiles consellos que debemos cumprir para unha convivencia feliz e harmoniosa á hora de comer.

O gato lambón

O gato lambón. Un novo vídeoconto feito polo noso alumnado. Que vos parece?

A festa dos froitos do outono

Galiciencia en marcha

Informan en vivo da primeira xornada da Galiciencia 2012. Un ano máis o noso centro volve estar presente con 3 proxectos. Un pouco máis abaixo tedes unha boa explicación deles. Segundo nos contan os de fórmula 1 non paran de recibir visitas, o do pan está todo o mundo encantado do ben que explican e o da alimentación está moi traballado e as defensoras do proxecto reciben moitos eloxios porque saben moito do tema. E é que os nosos nenos están preparados para enfrontarse á vida real e defender calquer proxecto dun xeito competente. Xa pasaron varios xuíces polos stands e parece que lles gustaron. Tamén lles entrevistou a tele. Aquí tedes un collage con imaxes de hoxe mesmo.

A emoción de volver á túa escola

A quen non lle ten pasado voltar á casa onde viviu de pequeno, á escola onde estudou, ao parque onde xogou... e lembrar. Decatarse de que todo é máis pequeno, activar os pequenos recordos, os sons, os cheiros, as cores, as formas. Descubrir como detrás dese recanto segue estando aquelo que ten que estar. Así lle aconteceu á xornalista e ex-alumna do noso centro Fátima Fernández o pasado 15 de novembro cando acudiu como representante da xeración de alumnado que recolleu as cantigas do noso libro. E de regalo deixounos este marabilloso e emocionante texto. Para todos os que non puidestes estar e máis para todos os que o queredes ler de novo, aquí vos vai.

Magosto 2012

Festa, castañas, caras pintadas, unha ginkana, cantamos e bailamos, xogamos a encestar a castaña. En definitiva, un magosto para pasalo ben, ben, ben.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

Estimadas familias:

A VOSA PARTICIPACIÓN É MOI IMPORTANTE ACUDIDE o vindeiro  DÍA 27 de NOVEMBRO de 2012 á VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS NO CONSELLO ESCOLAR.

A urna para a votación permanecerá aberta na biblioteca do centro no seguite horario:

POLA MAÑÁ: de 10:30 horas a 11:20 horas.
POLA TARDE: de 15:30 horas a 17:30 horas.

O voto será segredo, directo e non delegable. Deberedes vir provistos do DNI ou un documento identificativo.

O censo electoral está publicado no tablón de anuncios da entrada do centro para que poidades comprobar se estades nas listas. Se observades algún erro, por favor, comunicádeo na secretaría do centro.

 

Presentando as cantigas

E para acompañar tan magno evento, como é a publicación do noso libro, presentámosvos unha escolma de cantigas recitadas polo alumnado do 1º ciclo de primaria. A tradición ten futuro no noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut