Skip to Content

contador gratis para blog

O Sonoro Maxín

O mércores 9 de maio estivo Ico, o cantante do Sonoro Maxín, no noso centro. Contounos as historias do seu grupo, do seu novo disco. Falounos da experiencia de sair de xira, de gravar nos estudios Gárate ou de facer unha versión do éxito infantil Maite Zaitut. Ademais recibiu unha sorpresa dos nenos e nenas de primeiro de primaria, que lle regalaron uns debuxos inspirados na canción Quérote Máis.

Listado provisional de admitidos para o curso 2012-2013

Enredando cos vermes de seda

Os nenos de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria están a coñecer o proceso de transformación dos vermes da seda en bolboretas de seda. Trátase do proxecto "Enredando, artesanía na Escola" que está a desenvolver a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en catro centros educativos de cada provincia.

Cultura Popular

A programación do EDL para o mes de maio segue en marcha. Desta volta tocoulle ao alumnado do 1º ciclo de primaria participar nunha actividade de xogos populares da man do Lito e máis a Marta do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Fabricaron unhas turutas con cana e fixeron bailar unha avelá como se fora un peón. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas, así que seguro voltarán polo centro o ano que ven.

OPS!

A pasada semana estivo no centro Noemí Pinheira poñendo en práctica o OPS! co alumnado do centro. Ela é unha das mestras deste proxecto que está a achegar á escola o idioma máis cercano ao noso. Tanto lingüística como xeograficamente, o portugués é a nosa lingua irmá. E, ao tempo, unha grande descoñecida. Pode supoñer, nestes tempos de crise, unha oportunidade laboral e económica para o futuro? O OPS! axúdalle aos nenos a facerse estas e outras preguntas.

CONCURSO DE CARTACES E MARCAPÁXINAS 2012

Parabéns rapaces/as!!

Alumnos gañadores da "IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego", para ver o debuxo preme no nome do/a alumno/a:

Samuel Nogueira (Infantil, 5 anos)

Alejandro Fernandez (4º EP - 2º Ciclo de Primaria)

Loly (2º Ciclo da ESO)

 

LETRAS GALEGAS 2012

Nos seguintes enlaces tedes algunhas actividades para profundizar o voso coñecemento sobre Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

Actividades para Infantil

Actividades para 1º Ciclo de Primaria

Actividades para 2º Ciclo de Primaria

Actividades para 3º Ciclo de Primaria

O Abrazo

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Dende o luns 23 de abril, e durante toda a semana, os rapaces de secundaria están a levar a cabo un intercambio de libros. Para iso, previamente, cada rapaz trouxo da súa casa un par de exemplares; logo fíxose una exposición colectiva para amosarllos ós demais comopañeiros; e finalmente, no caso de haber algún interesado, cederllos por un tempo. Unha iniciativa semellante tamén se levou a cabo entre os profesores, os cales depositaron os seus libros preferidos na biblioteca do centro.

Aline Frazão estivo aquí

E cantou. E levounos de viaxe coas súas historias sobre a África lusófona. Visitamos Cabo Verde, Moçambique e Angola. Terras lonxanas que están máis perto do que semella.

Distribuir contido


by Dr. Radut