APA

ESCOLA DE NAIS-PAIS NO DECRETO DE CONVIVENCIA

No DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, aparecen mencionadas as escolas de nais-pais dentro da sección que recolle as "actuacións, programas e medidas para a mellora da convivencia nos centros".

Trátase do artigo 27, que reproducimos a continuación:


Artigo 27. Escola de nais e pais

 

1. Cando así se determine no plan de convivencia de cada centro e cos requisitos que se establezan naquel documento, poderán crearse as escolas de nais e pais para propor iniciativas tendentes a previr e resolver conflitos de convivencia, mellorar a convivencia e fomentar o respecto mutuo e a tolerancia no centro educativo. As referidas propostas serán elevadas ao consello escolar de cada centro e serán recollidas na memoria anual da comisión de convivencia.

 

2. As nais e pais ou titoras e titores asumirán, entre outros, os seguintes compromisos referidos á convivencia nos centros educativos:

 

a) Contribuír ao crecemento persoal dos seus fillos ou das súas fillas a través do diálogo e da educación en valores, e desenvolver unhas adecuadas normas de convivencia no contorno familiar.

 

b) Desenvolver a súa potencialidade como educadores e educadoras dos seus fillos ou das súas fillas.

 

c) Recoñecer o seu papel como axentes educativos, xunto co profesorado, actuando como portadores e portadoras de aspectos significativos para o desenvolvemento integral dos seus fillos ou fillas.

 

d) Mellorar as condicións afectivas, sociais e escolares que faciliten a aprendizaxe aos seus fillos ou ás súas fillas e un desenvolvemento harmónico da súa personalidade.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer