Tic´s

DIA DA ARBORE II. O Pazo do CASAL

Trala plantación visitamos o Pazo do Casal.

Encantounos.

DIA DA ARBORE I. 2011

O día 23 celebramos o Día da Árbore.

¡Velahí nos vedes en pleno traballo!

A Paz en directo dende o CRA

Así de pacíficos fumos no día da Paz traballando todos xuntos a amizade, o compañerismo, a solidariedade a multiculturalidade...

Agora poderasnos ver en acción...

 

¡¡PIRATAS EN BERGONDO!!

Dende o espazo Tics do CRA tentamos aglutinar todas as experiencias do alumnado e os mestres. Neste Entroido elaboramos unha unidade de Piratas  na que se incluía este poema por todos coñecido.

¡¡ Animámovos a "repasalo" cos vos@s cativ@s !!

Paz

Dende a Dinamización Tics e en colaboración coa Biblioteca, as especialidades de  Música e Ed.Física, e as titoras realizouse como ven sendo habitual un material específico para a unidade da Paz en todos os formatos, especialmente o dixital.

Velahí van algunhas das imaxes do traballo obtido:

FELIZ NADAL DENDE O CRA DE BERGONDO

Preme na nosa postal para ver o felicitación completa

Lembranzas

Create your own video slideshow at animoto.com.

TICs Musicais do 1ºTRIMESTRE

Este é o noso cancioneiro.

Chámase O SON DO CRA.

Nel atópanse as cancións que aprendemos ao longo do trimestre.Escollimos algunhas das cancións para que @s nen@s as poidan desfrutar dende a casa.

Se premes na nota musical ou no título e tes un pouco de paciencia aparecerache a música da canción. 


 

Este olliño pimpilín

Ata tres.Mama Cabra

Teño 5 amigos. Galinova

Buscando Papá Noel.Mama Cabra

 

 

 

Contidos que traballamos na asignatura de tecnoloxía da información e da comunicación

Benvidos

á zona

TIC do CRA

   @s nen@s conviven dende o seu nacemento con todo tipo de aparellos tecnolóxicos; son os chamados "nativos tecnolóxicos" . As tecnoloxías forman parte do seu desenvolvemento no mundo actual.Os contidos presentados a través das novas tecnoloxías son especialmente motivantes.

Por todo isto a escola debe educar tamén este aspecto da vida d@s alumn@s.

Contidos a traballar neste curso 2010-2011 

   Tendo en conta a idade dos alumnos/as presentes nas diferentes escolas que compoñen o C.R.A. de Bergondo, traballaremos a través do Encerado Dixital Interactivo presente en cada unha das aulas os seguintes contenidos:

- Os compoñentes do computador (teclado, monitor, CPU, impresora, escáner, rato,...) e, dentro destes, diferentes tipos

- Elementos de almacenaxe: CDs, DVDs, memoria USB. tarxetas de memoria de cámaras de video e dixitais,...

- As cámaras de fotos dixitais, as cámaras de video,...

- Software educativo (los lunnis, little einstein, xogos

educativos,...)

- Outros: tableta de PC, lectores de tarxetas,...

- Unidades didácticas acordes coa temática que se estea a impartir nese momento nas escolas (entroido, estacións, saídas,...)

- Búsqueda de información en internet: navegadores e páxinas educativas

Outros traballos relacionados coa nosa asignatura

- Intervención en xornadas e proxectos educativos diversos, relativos á asignatura de TICs no que se recollan as actividades que faremos entre tod@s nas escolas do C.R.A.

- Elaboración das orlas  

- Mantemento e actualización, dentro das nosas posibilidades, dos equipos electrónicos do centro, sobre todo os relativos ó encerado dixital.

Distribuir contido