Skip to Content

Feliz Día das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta Gómez

17/05/2024 00:00
17/05/2024 23:59
Europe/Madrid

Celebrando o Día das Letras Galegas 2024 adicado a Luisa Villalta Gómez.

Hoxe, 17 de maio, rendemos homenaxe a unha das máis grandes representantes da literatura galega: Luisa Villalta Gómez. Escritora, poeta, violinista e unha voz fundamental na nosa cultura, o seu legado segue inspirándonos.
Nun recuncho rural de Galicia, os pequenos do Colexio Rural Agrupado de Oroso realizamos un traballo incrible aprendendo sobre a vida e obra de Luísa. Dende a educación infantil ata o primeiro ciclo de primaria, os nosos nenos e nenas exploraron os seus poemas, penetrando nas súas obras e descubriron o valor da nosa lingua e tradicións a través dos seus escritos.
 
Este proxecto foi unha xanela ao mundo da literatura galega para estas pequenas e pequenos exploradores, atopando nas palabras de Luisa Villalta unha fonte de inspiración e amor polas nosas raíces. Grazas a todas as mestras, mestre e familias que fixeron posible esta fermosa viaxe educativa. Viva Galicia e viva Luisa Villalta!
 
 

Feliz día das Familias.

15/05/2024 00:00
15/05/2024 00:59
Europe/Madrid

Hoxe, 15 de maio, celebramos o Día Internacional das Familias! No noso centro rural agrupado de educación infantil e educación primaria, queremos honrar a todas as familias que nos rodean. Sabemos que cada familia é única e especial, e a súa diversidade enriquece a nosa contorna escolar e, sobre todo, a aprendizaxe do noso alumnado.

 

Para conmemorar este día tan especial, preparamos un pequeno obsequio con moito agarimo: un xabón artesanal e unha chapa exclusiva de Polos Creativos, todo impregnado co encantador aroma da lavanda. Este detalle é un símbolo da nosa gratitude e aprecio polas familias que forman parte da nosa comunidade educativa.

 

A lavanda, coa súa fragrancia calmante e as súas propiedades relaxantes, representa o amor e o coidado que cada familia ofrece a súa cativada. Lémbranos que, sen importar a súa forma, cada familia é un piar fundamental na vida dos nosos pequenos.

 

Grazas por ser parte desta gran familia escolar! Sigamos celebrando e valorando a diversidade, porque cada familia é unha peza esencial no gran mosaico da nosa comunidade educativa. Medramos Contigo.

 

 

 

 

Festivos escolares

17/05/2024 09:30
20/05/2024 14:30
Europe/Madrid

Recordamos as familias e alumnado do centro que o día 17 de maio é festivo por ser o día das Letras Galegas.

Esta data tan especial está adicada a: Luísa Villalta.

E non esquezades que o luns 20 de maio tamén é festivo no CRA de Oroso.

Saúdos.

Feliz día de Europa

Lectura e familias

Grazas a familia de Pablo por colaborar coa nosa pingüibiblio facendo unha experiencia tan especial. Observamos os nosos cambios no tempo e como fai que cada día sexamos máis maiores e progresemos na vida. 

 

Semana do libro no CRA de Oroso

Na semana do 22 ao 28 de maio conmemoramos a semana do libro. Queredes ver parte do que fixemos? Clicade do enlace para saber:

PINGÜIBIBLIOTECA

 

 

 

Saída Escolar a panadería de Berdía

30/04/2024 09:30
30/04/2024 14:30
Europe/Madrid

Listaxe definitiva do alumnado admitido no CRA de Oroso

25/04/2024 09:30
25/04/2024 14:30
Europe/Madrid

Admisión 2024_2025

 

Publicada a listaxe definitiva de admitidos e admitidas no C.R.A. de Oroso. 

 

A totalidade do alumnado que solicitou praza no C.R.A. de Oroso conseguiu praza. 

Pódese consultar a listaxe nos taboleiros de anuncios das respectivas escolas e da sede do C.R.A.

 

Período de reserva de praza

01/03/2024 09:30
20/03/2024 14:30
Europe/Madrid

No CRA de Oroso (Colexio Rural Agupado)ofertamos prazas en todas as nosas escolas:    VilacideSenraDeixebre Trasmonte,

para o curso 2024/2025.

 

O período de reserva de praza abrangue dende o 1 de marzo ao 20 de marzo.

 

Durante a última semana de febreiro  ata o 8 de marzo, en horario de mañá de 12:30 a 13:30, poderedes visitar as escolas e coñecer de primeira man como é a nosa realidade.

Agás o martes 5 de marzo que a visita se realizará en horario de tarde de 16:30 a 18:00.

 

Só tedes que chamar 628 071 438 e animarvos a coñecer as nosas escolas. Estaremos encantados de recibirvos no noso centro.

 

Recordámosvos, que podedes matricular aos vosos fillos/as nas nosas escolas aínda que non sexades do Concello de Oroso.

 

Non dubides en vir a visitarnos.

 

 

Matricula Curso 2024 /2025

MATRÍCULA CURSO 2024- 2025

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

 

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro. 

 

O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

 

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión (https://drive.google.com/file/d/1wAUkgCQ4C_FtVgWCTNGa1s-UH0ZfNtH1/view?u...) e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut