O mércores 17 de xaneiro comezamos na escola de Mirón coa campaña escolar sobre a avespa velutina que percorrerá todas as escolas do CRA, sumándonos así a este proxecto do Concello de Carballo [2].
Os nenos e nenas estiveron moi interesados e fixeron moitas preguntas, ademais de fabricar a súa propia trampa contra as velutinas que poderán colgar nunha árbore na súa propia casa.