Entenza

PROGRAMACIÓN DA AULA DE ENTENZA PARA O CURSO 2023-2024

PROGRAMACIÓN  AULA ENTENZA CURSO 2023-2024

Visita á biblioteca municipal

Na biblioteca municipal descubrimos moitos contos novos, películas e ata como podemos facernos socios, ademais desfrutamos dun contaconto que nos relatou a historia da "Cebra Camila". Encantóunos esta viaxe bibliotecaria!!

 

Letras Galegas 2024

Este ano homenaxeamos a unha gran escritora e música, "Luisa Villalta", de ela descubrimos que loitou moito en prol da nosa lingua e que tocaba o violín, con tal motivo quixemos facer unha manualidade na súa honra.

Lecturas en familia

Neste mes de maio, mes das familias, as familias de Entenza viñeron visitarnos para compartir con nós unha lectura moi especial.

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA

As nenas e nenos de Entenza hoxe estivemos experimentando coa luz negra. Primeiro descubrimos o efecto que facía na nosa roupa, pel, uñas... Despois desfrutamos do conto de Leotolda e por último axudamos os seus amigos a atopala, deixando voar a nosa imaxinación e debuxando a Leotolda tal e como cada unha pensabamos que era. 

Que ben o pasamos, deixamos por aquí unha mostra de todo o que fixemos.

  

Estamos de aniversario

Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Enzo e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: un peixiño do fondo do mar, o cal ademais semellaba estar nadando nas profundidades do oceáno... estaba boísimo e fíxemolo xenial!! 

Se queredes ver que ben o pasamos, podedes clicar na imaxeGuiño

 

Roteiro literario

Co gaio da Semana do Libro, os nenos e nenas de Entenza, puidemos desfrutar dun roteiro literario moi animado, onde tivemos o privilexio de coñecer o Xabarín CRA e a algúns dos seus amigos coma Bluey, Mickey e Minnie ou as Emocións. Que ben o pasamos!!! Ademais, logramos pasar todas as probas para poder así ser membros do clube do Xabarín CRA.

                                              Noraboa aos novos soci@s!!! Fixéstelo xenial!!

 

Estamos de aniversario

Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Hugo e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: un moniño de chocolate, quedounos moi simpático e o máis importante... estaba boísimo!!!

Se queredes ver que ben o pasamos, podedes clicar na imaxeGuiño

 

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS

As nenas e nenos de Entenza estivemos desfrutando do baúl mensual da biblioteca.

Nesta ocasión o tema eran os sentidos, cos cales experimentamos e agudizamos o noso oído, tacto...

A continuación podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que fixemos cos materiais que contiña.

Así, concentrámonos moito para escoitar os sons e unilos coa súa parella e tamén nos relaxamos coas

cascadas de burbullas e os botes da calma, centrando a nosa atención nos seus movementos.

 

       

        

BENVIDA PRIMAVERA

As nenas e nenos de Entenza damos a benvida a primavera decorando as fiestras da aula. Esperamos que a nova estación nos traia moitos días de sol para poder saír ó patio e facer moitos picnics.

Distribuir contido

Back to top