Skip to Content

Menú comedor decembro 2016

NO arquivo adxunto está o menú do mes de decembro

Menú comedor novembro 2016

Nos arquivos adxuntos están os mneús para o mes de novembro.

Menú comedor setembro 2016

No arquivo adxuntamos o menù do comedor para o mes de setembro.

Calendario Escolar para o curso 2016-2017

Adxúntase no arquivo o calendario escolar para o vindeiro curso 2016-2017

Matrícula Curso Escolar 2016-2017

O prazo de presentación de matrícula estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. A presentación da documentación realizarase no centro en horario de 10:00 a 13:00.

A matrícula soamente terá que realizala o alumnado que se matricula por primeira vez no centro(os actuais alumnos/as non teñen que formalizar a matrícula).

Entroido 2016

Aquí deixamos o vídeo do Entroido. Queremos dar as grazas a Suso por conseguir traer á escola aos Xenerais do Ulla, e tamén a Elisa polo traballo realizado coas fotos e o vídeo. Esperemos que vos guste.

Martes entroido

MANS ARRIBA PENSA:

QUE TRAEREI MAÑÁ NA CABEZA ?

 

 

 

Luns entroido

FERMOSO ESTARÁS,
ALGO NAS MANS TRAERÁS.

Comedor

Nos arquivos adxuntos, poderán consultar o listado de admitidos e de lista de espera do comedor escolar. Tamén dispoñen da Instrución 2/2015, da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenació Universitaria, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2015-2016.

Saída Illa de Cortegada

Xa temos aquí o vídeo da excursión que fixemos á Illa de Cortegada. Esperemos que vos guste porque nós ese día pasámolo moi ben.

Visita dos cans á escola

Aquí deixamos o vídeo da visita que nos fixeron os cans de Só lles falta falar!

A verdade é que o pasamos moi ben, aínda que algúns ao principio tiñamos un pouquiño de medo!!!!

Queremos agradecer á ANPA a sua aportación económica para poder realizar esta actividade na escola.

Hospital de osiños

Aquí vos deixamos o vídeo da actividade que realizamos no cole do "Hospital de Osiños". Espero que desfrutedes tanto do vídeo como o fixeron os nenos/as cando realizaron a actividade.

Queremos darlle as grazas aos alumnos/as de medicina por vir á nosa escola a realizar esta actividade e ensinarnos un montón de cousas.

Comedor Escolar

Na reunión da ANPA celebrada o martes 17 de marzo acordouse que a xestión do comedor escolar pasará a ser da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Entroido 2015

Aquí vos deixamos o vídeo do Entroido. Esperamos que vos guste. Queremos dar as grazas ás familias pola elaboración dos postres e pola participación na festa.

ENTROIDO 2015

Xa está aquí o Entroido! Para festexalo para a próxima semana disfrazarémonos cumprindo cos mandadiños.

O venres 13 a partir das 11:30 celebraremos a gran festa á que están convidadas todas as familias.

Samaín

Aqui vos deixamos o vídeo do Samaín. Moitas grazas ás familias pola colaboración prestada para decorar a escola con cabazas, espigas... e por suposto tamén pola elaboración deses postres tan terroríficos.

Visita Cidade da Cultura

No primeiro trimestre realizamos unha visita á Cidade da Cultura para ver a exposición de Orinoco. Aquí vos deixamos un vídeo resumo da saída.

MAGOSTO

Ola familias:

Aquí vos deixamos un vídeo da festa do magosto que celebramos na Escola da Luaña. Ese día comemos castañas asadas, cocidas, marmelo e variados postres caseiros de cabaza..., e como non, xogamos e pasámolo moi ben!!!

Samaín

  Ola Familias: 

Aquí vos deixamos un vídeo das actividades que fixemos no Samaín. O primeiro de todo e grazas á vosa colaboración foi a decoración da escola con cabazas e espigas. Tivemos unha merenda terrorífica que elaboraron as familias da aula azul. Fixemos tamén varios talleres: contos de medo, o xogo da pantasma e maquillaxe. 


 

Sorteo Xamón

O número premiado no sorteo do Xamón foi o: 895.

Noraboa ao gañador e grazas a todos os que participaron e colaboraron.

SEMANA DO LIBRO

O día 23 de abril foi o día do libro, e nos celebrámolo facendo lecturas dos nosos contos favoritos. Aquí podedes ver os contos que nos leron algún dos nenos e nenas da escola. Por rigurosa orde alfabética:

BÁRBARA:

Contounos duas historias dos Bolechas:

Os bolechas van ao circo

Entroido 2013

Aquí tedes unha pequena mostra, do ben que o pasamos no entroido. Hai que dicir que os disfraces quedaron moi chulos, non si? Estes mestres e mestras merecen un aplauso!!!

http://www.youtube.com/watch?v=9AL83luTwpA 

O Entroido

E aquí unha pequena mostra do ben que o pasamos no entroido!!!

Reportaxe TVG "Reciclando papel con ADEGA"

 

Estimadas familias:


Como sabedes, o xoves 21 veu a TVG gravar o obradoiro de ADEGA de reciclaxe de papel.

Quedaron de avisarnos cando o emitiran pero non o fixeron e non o soubemos ata o día seguinte de que o puxeran.

 

 Podedes velo aquí.

                                                           Un saúdo!

 


O Quebranoces

Pouco despois de voltar das vacacións a nosa primeira saída foi a Santiago a ver "O Quebranoces" A verdade é que o pasamos moi ben e aquí tedes unha pequena mostra do que vimos .

http://www.youtube.com/watch?v=Oq8iqiUGI9Q&feature=youtu.be

Samaín 2012

O noso Samaín deste ano foi moi divertido, tivemos multitude de xogos terroríficos, contos de medo e mesmo doces do máis arrepiantes.

Obradoiro de cociña

Grazas a todos os que participastedes no obradoiro de cociña. Esperamos que os nenos o pasaran en grande.

Aquí tedes unha mostra das propostas dos nosos chefs. Bon apetit.

Contacontos (19/10/2012)

Pasámolo realmente ben no "maratón de contacontos" do pasado 19 de outubro. Grazas aos pais que colaboraron lendo os libros favoritos dos pequenos, puidemos pasar a mañán co "Pollo Pepe", "Fonchito", "o gato Guille", o morcego "Estelaluna", os "tres porquiños", unha vaca que puxo un ovo e moitos outros amigos.

Aquí podedes ver algunhas fotos.

Actividades extraescolares da ANPA

Pinchando aquí, accederedes á enquisa da ANPA para participar nas actividades que están organizando.

No archivo adxunto hai máis informfación sobre as actividades a realizar.

Gracias por participar.

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2012

O novo curso está a piques de empezar. Faltan xa moi pouquiños días e como sabemos que xa tendes moitas ganas de comezar aquí vai un vídeo do curso anterior da nosa saída ós contacontos de Kalandraka en Santiago.

Distribuir contido


by Dr. Radut