Skip to Content

Festa fin de curso.

Estimadas familias:

Queremos convidalas á festa de fin de curso que celebraremos o vindeiro xoves 21 de xuño, ás 17:00h no patio da escola.

Teremos diferentes xogos populares e unha merenda.

                  

Só lles falta falar

Fai xa algunhas semanas que nos visitaron uns amigos moi especiais. Con eles non só paseamos e xogamos, tamén aprendemos a importancia de respectar os animais, pois eles tamén teñen sentimentos coma nós.

El metal y sus colores

Entroido 2012

Feliz 2012

POLO SAN MARTIÑO NA LUAÑA UN MAGOSTIÑO

O venres foi o san Martiño, e foi o día que eliximos para celebrar o magosto. Novamente fomos comer as castañas cos nenos e nenas da Luaña. Pero non só comemos castañas tamén probamos noces, mel, marmelo caseiro, etc. E finalmente pintáronnos a cara cun tizón. Mirade o vídeo xa veredes!

 

 

Samaín 2011

Como xa vos dixemos tivemos unha gran festa , para celebrar o Samaín na escola. Trouxemos cabazas, comemos doces monstruosos, disfrazámonos e xogamos a xogos que dan moito medo. Queredes ver un pouquiño do que fixemos? So tendes que ver  este vídeo!

Xa chegou o Samaín!

Xa está a quí o Samaín!

Volven as

       

cabazas  bruxas  esqueletos  monstros

que tanto medo nos dan.

Se queredes vir a unha festa terrorífica

xa sabedes o próximo venres no noso

cole. 

Kalandraka

Contando e cantando  ca Familia C entramos no mundo dos contos de Kalandraka. Viaxamos con Pancho e vivimos a maxia do mago Goma. Se queredes ver un pouquiño de todo o que alí vimos, escoitamos e cantamos aquí tendes este pequeno vídeo.

Salón do libro

O martes primeiro de marzo, visitamos o salón do libro en Pontevedra onde tivemos a oportunidade de coñecer a un lobo moi especial, Orbil.

O salón do libro este ano está adicado ás mentiras e a todos os mentireiros dos contos. Aquí tedes unhas cantas fotos deste día tan especial para nós.

Na EEI dos Ánxeles xa estamos preparados para o Entroido

Na EEI dos Ánxeles, xa estamos preparados para o Entroido!

 

Durante a vindeira semana teremos que traer ao cole unha cousa diferente. O que traiamos o luns, teremos que traelo tamén o martes e o resto dos días, ademáis do obxecto novo que vos vaiamos pedindo. 

 

Portfolio Europeo das Linguas

Neste curso o noso colexio forma parte do proxecto Portfolio Europeo das linguas (PEL).

O PEL é un documento vinculado á aprendizaxe de linguas promovido pola Unión Europea. Está dividido en 3 partes:

O PASAPORTE DE LINGUAS: onde se reflexa mediante un cadro de autoavaliación os logros acadados en diferentes linguas, os diplomas obtidos, cursos...

A BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA: onde se describen as experiencias en cada unha das linguas.

O DOSSIER: este contén exemplos dos traballos ou proxectos realizados nas diferentes linguas (documentos escritos, presentacións, vídeos, diplomas...).

O PEL de infantil non só será completado polos nenos e nenas senón que as familias xogan un papel fundamental, xa que terán que axudar ós nenos a completar o seu portfolio.

Como? Axudándolles a crear a súa biografía, a recopilar elementos de interés para o seu dossier...

Despois da primeira reunión informativa, enviarásevos información sobre as actividades que se desenvolvan e precisen da vosa colaboración. De igual xeito tamén poderedes participar a través dos proxectos que se sitúan na entrada principal.

Se facedes click sobre esta imaxe poderedes acceder á web onde atoparedes máis información sobre o PEL.

Día da paz

O día 30 de xaneiro celébrase o día da PAZ Un día para pensar no que significa para nós esta palabra.

Todos xuntos pintamos unha árbore chea de pombas brancas feitas coas nosas mans  e  unha bola do mundo onde todas as razas e relixión se dan a man.

Bo Nadal

Desde a EEI dos Ánxeles dese xámosvos unhas felices festas e un próspero ano novo.

Así despedimos nós o ano:

Asistimos a unha videoconferencia con Papá Noel.


 

Fixemos postais de nadal.


 

E finalmente despedimos o ano cunha festiña para a que todos cociñamos. 


Magosto na Luaña

  


Este ano celebramos o magosto na Luaña. Alí os nenos e nenas, e a profe Rosa, recibíronnos con moitos froitos do outono, e castañas asadas. Tamén puidemos probar mel recén recollido.

Festexamos o Samaín e o Halloween!



Nestes días de outono a nosa escola festexa o Samaín. Que non sabedes o que é?


O Samaín é unha festa que ven xa de hai moito tempo e na que se empregan as cabazas para meter medo.


Imos tod@s traer cabazas o colexio para decoralas e así celebrar esta festa.


Ca teacher de Inglés tamén cebramos o Halloween que é moi parecido o Samaín, pero no Halloween os nenos disfrázanse e van pedir caramelos polas portas.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut